Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Esixen á Xunta solucións ás problemáticas do centro de saúde e no colexio en Santa Comba

  • Rexistran tamén unha emenda mellorar a estrada entre Santa Comba e Portomouro AC- 406.
CEIP Barrie de la Maza Santa Comba
Imaxe do CEIP Barrie de la Maza Santa Comba
Esixen á Xunta solucións ás problemáticas do centro de saúde e no colexio en Santa Comba

O BNG de Santa Comba vén de enviar sendos comunicados á Xunta de Galicia con varias demandas, despois de recibir queixas por parte dos profesionais do centro de saúde como por parte da comunidade escolar do CEIP Barrié de la Maza. Os problemas coas pingueiras en ambos centros é tremendo.

Remodelación integral do Colexio Barrié de la Maza

Varios anos levan dende o Concello e dende a ANPA unha remodelación integral dun centro que en 2024 fai 50 anos. Pero a Xunta leva rexeitando esa remodelación polo menos nos 3 últimos cursos. Dende 2021 levan incluíndo dende o Claustro e dende o PXA anual esa remodelación pero a Xunta non considerou no seu presuposto para o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica a reforma do centro xalleiro. "Foron repartidos 91 MM de euros… e nada deste valor veio para Santa Comba", critican dende a ANPA.

Os principais puntos de atención que destacaron na xuntanza foi o estado de deterioro da calefacción que pode mesmo ser peligroso e urxe unha revisión a fondo e a posta a punto necesaria debido aos graves problemas detectados nos últimos tempos. Tamén supón un serio perigo, segundo indicaron, o estado dos falsos teitos e, neste sentido, destacaron que hai uns meses caeu un nunha aula e cada día o alumnado leva nas súas roupas e nos seus cabelos mostras de como se están a desfacer progresivamente. Con este caso, chegou a viaxar ata o centro a TVG, pero finalmente o clip foi vetado e non saíu a información nos informativos.

Da mesma maneira que no Centro de Saúde, tamén chove no colexio e os caldeiros e as fregonas son de uso habitual nalgunhas aulas para impedir que a auga provoque caídas do alumnado. Lamentan tamén que aínda non estean en funcionamento as randeeiras que foron recepcionadas hai meses mais que aínda non se instalaron para o uso do alumnado.

"Porque o alumnado de Santa Comba ten que estudiar en unhas instalacións que non son decentes?", pregúntanse as familias.

Centro de Saúde

Por unha banda, urxe unha actuación inmediata por parte da Xunta no centro de saúde. O responsable local do BNG, Juan David Sixto, xunto coa deputada nacionalista, Iria Carreira, visitaron o centro e comprobaron o estado de deterioro do Centro de Saúde con graves problemas como as pingueiras de auga que caen en todo o centro obrigando mesmo a colocar cubos en determinadas localización para conseguir que os pacientes non escorreguen.
Outros dos problemas graves está provocado polas deficiencias da calefacción que non funciona na zona do PAC e provoca nas outras dependencias unha alta emisión de fumes que levaron mesmo nalgunha ocasión a ter que efectuar evacuacións das súas salas.

Denunciaron tamén o estado das xanelas, boa parte con serias dificultades para abrir e pechar, e a falta de vinilos, o que impide manter a mínima intimidade nas consultas chegando ao extremo de que tivo que ser o propio persoal o que se encargara de adquirir os vinilos para a consulta de pediatría, despois de que desde o concello de Santa Comba se negaran a financiar mesmo esa mínima actuación.

Entre as distintas demandas que trasladaron o persoal do centro está a creación dunha aula para a preparación ao parto para a que se anunciara un convenio do concello co Sergas mais do que a día de hoxe aínda non houbo noticias. A reclamación súmase á necesidade de habilitar novos espazos para consultas xa que, neste momento, algúns profesionais teñen que compartir espazo para atender ás persoas usuarias.

O BNG demanda cunha emenda a mellora da AC- 406 

O BNG considera tamén que a conexión con Compostela é fundamental tanto para as empresas locais como para outras que se queiran instalar en Santa Comba, así como moitos dos veciños e veciñas da localidade que viaxan de forma diaria á capital galega. Para os xalleiros e xalleiras é de especial relavancia poder estar a media hora do Hospital, o aeroporto ou as estación de autobús e tren polo que reclaman un vial que, como apuntou o responsábel local, " "é unha demanda história que levan prometendo máis de vinte anos e só se acordan dela uns mess antes ds eleccións e esquécense ao día seguinte". Para paliar esta situación, o BNG rexistoru unha emenda aos orzamentos para o financiamento da AC-406 entre Santa Comba e Portomouro.

Comentarios