Luns. 06.04.2020
El tiempo

Conmoción no fútbol xalleiro polo pasamento do “Rubio de San Salvador”

Equipo historico do Xallas. Rubio de Salvador é o do medio da fila de arriba
Equipo historico do Xallas. Rubio de Salvador é o do medio da fila de arriba
Conmoción no fútbol xalleiro polo pasamento do “Rubio de San Salvador”

Convulsa está a vila de Santa Comba e o mundo do fútbol xalleiro tralo pasamento de José Luis Negreira Novo, coñecido como o Rubio de San Salvador. O traballador municipal, e que fora xogador do Xallas e Negreira en épocas históricas suicidábase esta mañá de martes aos 63 anos de idade. A misa e o enterro serán este mércores 11 de marzo ás 16:15 na igrexa e cemiterio de San Salvador de Padreiro.

O Rubio de San Salvador levaba traballando no Concello de Santa Comba como palista moitos anos, despois de pasar unha temporada en Suíza e de traballar como chofer de Autos Romar.

Unha das grandes facetas polas que se recorda é polo seu paso polo Fútbol da Costa. Xogou no Negreira e posteriorme no Xallas, onde acadou os mellores éxitos deportivos cunhas das mellores plantillas que se recordan nos anos 80.

Compartiu vestiario con coñecidos da Costa como Sieso de Cee, Tito, Camacho, Sanchiño, Framil, Carteiro, Tino de Tinolo de Laxe, Bascoy, Evaristo, os irmáns Romar (Manolito, Pepe e Biri), Ricardo Carracedo ou Rubio da Graseira.

No caso do Xallas foi nun dos mellores equipos que se recorda. Un equipo ademais que ten unha curiosa anécdota político-deportiva, dado que, cando foi campión de Liga da Copa de Primeira Rexional (Copa Deputación) varios membros están relacionados co mundo da política: o adestrador era Ernesto Rieiro, que foi Alcalde de Zas; dous membros da directiva eran Antonio Landeira pai, que foi concelleiro en Santa Comba, e José Luis Pérez Añón, que é actual Alcalde de Laxe; e un dos xogadores foi Miguel Pérez, que foi Alcalde de Santa Comba.

Xallas historico copia
Nesta imaxe histórica Rubio de San Salvador é o cuarto pola dereita na fila de arriba

O Rubio de San Salvador tivo un fugaz paso polos banquiños, pero moi fructífero. Adestrou ao Xallas Xuvenil 88-89 co que acadou o título de Liga da Costa, xogou a promoción de ascenso a Liga Galega e conseguiu subir a 12 dos seus xogadores ao primeiro equipo de Rexional Preferente, unha categoría, case que inalcanzable para un equipo da Costa fai 30 anos.

Novas relacionadas

comentarios