Martes. 23.04.2024
El tiempo

Consternación en Santa Comba ante o pasamento Ángel Carracedo Torreira

Angel Carracedo de mozo e en 2002
Angel Carracedo de mozo e en 2002
Consternación en Santa Comba ante o pasamento Ángel Carracedo Torreira

Este pasado 3 de setembro falecía Ángel Carracedo Torreira, un home que deixa un legado familiar de grandes personalidades. É pai do famoso xenetista Ángel María Carracedo Alvarez, e de Jesús, Ricardo e Carmen Rosa, fareiros.

Ángel era ademais avó de Guillermo Carracedo, coñecido a nivel nacional e internacional na modalidade surf de remo (padelsurf), e subcampeón do mundo coa selección española e campión de España absoluto en 2019, repetindo este último título en 2020, de ademais doutros títulos nacionais.

Angel Carracedo en 2002 durante o nomeamento do xenetista como FIllo Predilecto de Santa Comba
Ángel Carracedo coa familia, en 2002 durante o nomeamento do fillo Ángel como Fillo Predilecto de Santa Comba

O seu irmán, Ricardo Carracedo, falecido aos 88 anos en 2018, foi un gran empresario, socio fundador de Ferrocar, Granitos de Xallas e Hormigones de Oroso, fundou Almacéns Carracedo, dedicado á venda de saneamiento e materiais de construción, así como a funeraria que leva o seu primeiro apelido, que contou co primeiro tanatorio do municipio.

Tanto Ricardo como Ángel son recordados como uns dos grandes empresarios das Terras do Xallas sendo dos primeiros en investir na Costa da Morte, cando aínda non despuntara como destino turístico e cando aínda non había servizos básicos como traída de augas e alcantarillado, decantándose ambos polas dúas pequenas Santa Comba, e as praias Xalleiras por antonomasia, Ricardo se decantó por Laxe e Angel por Louro (Muros).

Mentres Ricardo dirixiu os seus pasos cara ao que realmente lle gustaba, a empresa e os negocios, Anxo orientou a súa vida laboral ao sector da banca, onde ambos irmáns foran uns dos primeiros corresponsales de banca do municipio. No sector da banca é onde Ángel sempre será recordado como un histórico director da Oficina do Banco Pastor de Santa Comba durante tres décadas e figura clave nas xestións do colectivo emigrante, sobre todo de Brasil e Suiza, cando a banca contaba cun gran respaldo social e os directores confiábaselles prácticamente o futuro económico dos aforros de empresas e familias.

Angel nunca deixou de residir en Santa Comba, precisamente no mesmo edificio que o Banco Pastor construíu no centro do pobo, e onde no seu baixo e sótano situouse a oficina da súa sucursal no municipio, ata hoxe en día, aínda que xa absorvida polo Banco de Santander.

Aínda que son especialmente coñecidos o seu fillo Ángel e o seu neto Guillermo, Ángel Carracedo forma parte dunha extensa familia ligada á medicina, educación e sector empresarial, tanto en Santa Comba como na capital de Galicia. É ademais familiar directo da actual alcaldesa do municipio María Pose e do seu irmán, o odontólogo Manel Pose, cos que gardaba unha estreita relación.
Precisamente no día de onte celebrouse sesión plenaria no Concello de Santa Comba, e a propia alcaldesa comunicou o falecemento, visiblemente afectada, aos membros da corporación, dado tamén, que, o seu fillo Ángel, é fillo predilecto do municipio.

A súa vida transcorría habitualmente na súa Santa Comba natal, na visita aos seus familiares en Santiago de Compostela e na época estival en Louro, aínda que nos últimos anos, especialmente este último o seu estado de saúde xa era moi débil.

Comentarios