Venres. 29.03.2024
El tiempo

David Barbeira non cede o bastón da alcaldía de Santa Comba e PP e PSOE presentan unha moción de censura

David Barbeira novo alcalde de Santa Comba
David Barbeira co bastón de mando en 2019 na investidura como novo alcalde de Santa Comba
David Barbeira non cede o bastón da alcaldía de Santa Comba e PP e PSOE presentan unha moción de censura

Este martes celebrouse un pleno chave para o futuro do Concello de Santa Comba. Transcorridos dous anos de lexislatura, o pacto tácito, non asinado, que permitiu a investidura de David Barbeira (único edil de CxG) como alcalde cos votos do PSOE (a segunda forza no pleno por detrás do PP), propuña que a segunda parte do mandato recaería no voceiro socialista Jose Antonioi Ucha Velo.

Pero as cousas non son tan sinxelas, como xa se vía no tenso pleno do pasado xoves. Barbeira, despois dunha exposición de media hora na que repasou os 2 anos de lexislatura, deixou claro que non marcha da alcaldía. Por kafkiano que sexa a situación, non case por sorpresa, pois este era un dos escenarios posibles.

Moción de censura presentada

Tras unha reunión de apenas unha hora, os 6 edís de PP e 2 do PSOE (Ucha Velo e Cristina Fajín) presentaron xa por rexistro unha moción de censura, fixada para o martes 15 de xuño, ás 12:00h, con María Pose (foi a forza máis votada) como candidata.

Ucha explicaba en Radio Negreira que tiñan un acordo co PP para botar a Barbeira da alcaldía pola "ilexitimidade do seu mandato". "É unha moción de censura como nunca se viu, pois é unha moción para saír do grupo de goberno. Eu estaba cobrando a miña dedicación, e perdo todo iso polo ben da veciñanza". Sobre a reacción da Secretaría Provincial (o partido non coñecía a decisión) sinalou "espero que o Partido Socialista entenda que esta é unha moción en lexítima defensa, se non terei que rematar estes 20 anos de dedicación política ao PSOE". "Todos os concelleiros socialistas consideramos que é necesario botar a Barbeira da alcaldía, pero non todos cren que a solución é darlle a alcaldía ao PP. Cada un votará o que queira no pleno, pero consideramos ser 2 os que apoiamos a moción para intentar evitar unha hipotética, que creo que non cabe, aplicación da lei antitranfuguismo", explicou. "Este pleno foi o seu epitafio", sentenciou.

A Moción

A moción expón “o flagrante deterioro progresivo do presente mandato da capacidade de goberno do alcalde de Santa Comba, incapaz de levar adiante políticas en defensa do municipio e gobernando á marxe dos problemas dos veciños e veciñas do noso concello”.

 

”A situación de constante enfrontamento entre o alcalde en minoría e o resto de grupos políticos tense convertido en algo insostible” (…) O señor Barbeira, ancorado na soberbia, esqueceu que o seu grupo político consta dun cño concelleiro nunha corporación que conta con 13 concelleiros e concelleiras”.

No texto acusan ao alcalde de “despilfarro” e o culpabilizan da “situación caótica económica” do Concello, así como lamentan a “galta de transparencia” en materia económica, “non respondendo ás solicitudes de información da execución dos gastos dun orzamento prorrogado dende 2019”.

”É preciso poñer fin ao “sen sentido” do goberno do Señor e dar este paso necesario para liderar a volta ao equilibrioo e a prosperidade que o noso concello merece”. “É o momento do compromiso, de ser valentes”, remata a moción suscrita polos 8 edís, que investirá a María Pose como nova alcaldesa de Santa Comba, volvendo ao posto que xa ocupou de 2014 a 2015 sucedendo a Antonio Landeira, e dende 2016 a 2019 tras saír adiante unha moción de censura entre o PP e TEGA contra o propio Ucha Velo.

Novas relacionadas

Comentarios