Os ex socialistas Jose Antonio Ucha e Javier González Trillo presentaranse con novas siglas
A final de mes coñeceremos o nome da , pero xa podemos ir avanzando que dous dos, ata hai pouco, representantes do PSOE nas terras do Xallas van cambiar de siglas. O ex voceiro do PSOE de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, e o de Mazaricos, Javier González Trillo, non faltarán á súa cita co electorado nas Eleccións Municipais do mes de maio de 2023.
Ucha Velo, xunto con Cristina Fajín, foi expulsado pola provincial socialista o pasado ano tras facilitar a moción de censura contra David Barbeira tras non acollerse este ao pacto de goberno alternativo acordado a principio de lexislatura, pasando a formar parte do goberno co PP.
Velo ten claro que “non me van sacar da política ninguén que non sexa o pueblo, e creo que aínda teño vontade para presentarme”, confía.
Pola súa parte, González Trillo non se sinte apoiado polo PSOE, e busca unha fórmula máis aberta e con maior independencia a nivel municipal. Considera “as maiorías absolutas son malísimas, e aquí vemos como o BNG está pasando o rodillo sen miramentos”.
Sobre o polémico proxecto da estación de bombeo da Ruña, sinala que “o quero é transparencia, e cando me presenten o proxecto e poidamos ver o que implica valoraremos, pero de primeiras, opoñerse a un investimento de 15 millóns de euros, que son 3 anualidades do noso orzamento, non é doado”, sinala.