Os Falabaratos Festeiros do IES Terra do Xallas participaron no Club Debate ALingua
11:08 07/06/23
O pasado sábado, 3 de xuño, celebrouse na Casa da Cultura de Bertamiráns a final da 11ª edición do Club de Debate Alingua.
Nesta última sesión competiron seis equipos, formados por rapazada de secundaria e bacharelato de distintos institutos de Dodro, Negreira, Santa Comba, Ferrol e Ames.
Os rapaces e rapazas do IES Terra do Xallas, que se fan chamar Falabaratos Festeiros, lograron chegar ao cuarto posto co tema "A Mocidade renuncia ao galego"