Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Feira de Primavera enche Santa Comba de oportunidades

Maria Pose inaugurando a Feira de Primavera de Santa Comba
Maria Pose inaugurando a Feira de Primavera de Santa Comba
A Feira de Primavera enche Santa Comba de oportunidades

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, inaugurou a décima Feira da Primavera que se celebra no recinto feiral durante esta fin de semana, expresando o seu apoio a este evento, que “serve para dinamizar o pobo e reforzar a nosa capitalidade comarcal”. María Pose animou ao xalleiros a que gocen desta actividade, convidando aos veciños da comarca a que se acheguen a Santa Comba.

Na inauguración tamén participou o presidente da asociación Costavales, Manuel Amigo, que destacou a importancia da feira, a multitude de produtos que se poden encontrar e agradeceu o apoio do concello de Santa Comba. Ademais falou a presidenta dos empresarios, Teresa Castro.

Nesta primeira xornada, xa visitaron a feira os primeiros centos de persoas. No recinto feiral pódense visitar máis de 70 expositores que representan a sectores coma o comercio, artesanía, automoción ou a artesanía. Tamén hai unha área infantil e servizo de cafetería.

A Feira de Primavera abre este sábado entre as 10,30h e as 21h e o domingo entre as 10,30h e as 20,30h. A organización agarda unha boa asistencia e un óptimo nivel de ventas. A entrada é gratuita.

Feira de Primavera en Santa Comba

Comentarios