Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Illa, a aldea incomunicada de Santa Comba

Unha aldea de 60 casas de Santa Comba leva dende o 19 de decembro sen teléfono nin internet
A Illa aldea de SAnta Comba incomunicada
A Illa, a aldea incomunicada de Santa Comba
A Illa, a aldea incomunicada de Santa Comba

O día a día na aldea da Illa, na parroquia xalleira de Freixeiro, adoita ser tan tranquila como complicada. Situada nun profundo val, a apenas 7 km da capital municipal, Santa Comba, (e a 30 da capital de Galicia), ten graves problemas de comunicación. A cobertura do móbil é un ben escaso (teñen que coller o coche para facer unha chamada); non ven a TVG dende a última resintonización, e cando se conectan a algunha das plataformas tecnolóxicas para ver a televisión por internet teñen que apagar o whastapp dos seus teléfonos… “Como se muxía antes, por turnos”, bromea Mari Carmen García, veciña dunha das 60 casas do lugar.

”Con estas carencias máis ou menos imos vivindo, pero é dende a tormenta do pasado día 19 estamos sen teléfono nin internet”, explica indignada. “Eu por exemplo, para revisar o correo ou o whastapp teño que saír, ir ao cumio da vila, responder e volver”, explica.

Mari Carmen explica ademais a situación real para moit@s veciñ@s, “persoas maiores, moitas delas soas, e algunha conta co servizo de teleasistencia que evidentemente non funciona. De feito”, conta, “un día da semana pasada deulle un mal a un veciño e os seus familiares tiveron que saír de casa, e subir a un alto para ter suficente cobertura mesmo para chamar ao 112”…

Todo coincide ademais nestas datas nas que todos queremos falar cos familiares cos que non podemos estar. “O día de Noiteboa e de Nadal, estivemos totalmente incomunicados”, lamenta, explicando que ás veces consegue “unha raia de cobertura tendo o teléfono moi quietiño nunha fiestra do faiado”…

Levan xa ducias de chamadas a Movistar. “Primeiramente saen xente do outro lado do Atlántico que non poden saber que é o que pasa aquí. Despois consegues falar cunha persoa de aquí, que parece que che entende, e ata che dá a razón, pero que non fan nada para solucionalo”.

“E logo escoitamos aos políticos falar de que queren recuperar o rural, cando non teñen a máis mínima intención de coidalo, porque unha cousa así non se daría nunha cidade na vida”, sentenza para describir o seu sentir ante esta “situación tercermundista”.

A Illa aldea de SAnta Comba incomunicada 1

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios