Luns. 07.10.2024
El tiempo

Investigan, gracias a unha denuncia, a un taxista que multiplicou por catro a taxa de alcolemia

Parada de Taxis de Santa Comba
Parada de Taxis de Santa Comba
Investigan, gracias a unha denuncia, a un taxista que multiplicou por catro a taxa de alcolemia

É moi raro que a Garda Civil realice un control de alcolemia a un taxistas. De aí que fose a colaboración cidadá, ou se cadra algún compañeiro de profesión, o que chamase á patrulla Xefatura de Tráfico de Corcubión para facerlle un control a un taxista por Santa Comba

Os axentes estableceron de inmediato un dispositivo para localizar ao presunto delincuente, que deu resultados rápidos. O taxista foi sorprendido conducindo cun nivel de 0,67 miligramos de alcol no aire exhalado, cando o máximo permitido para os condutores profesionais é de 0,15 mg/litro: multiplicando por catro á máxima permitida.

A alerta cidadá explicaba que o condutor profesional consumía habitualmente alcol e realizaba servizos de transporte de viaxeiros en estado de ebriedade. Así, condutor queda investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria e debe enfrontarse a posibles penas de prisión de 3 a 6 meses ou multa de doce a 24 meses e traballar en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, en caso caso de ser condenado.

Comentarios