Xoves. 25.04.2024
El tiempo

José María Suárez e as historias xalleiras con Amancio, o SuperDépor...

Tiñamos desde fai tempo unha entrevista pendente a un gran amigo deste medio, e tamén persoal, porque sabíamos que tiña moitas cousas que contarnos sobre o deporte de Santa Comba e na Costa da Morte. A cita foi quedando, cando morriu Di Stefano, foi quedando cando morriu Gento pero coa morte de Amancio xa non se podía demorar máis. Con José María charlamos longo e tendido nun día de entroido do papel dos pequenos concellos no despegue, na xa lonxe década dos 80 dos grandes eventos culturais e deportivos na zona que foron evolucionando ata o día de hoxe e poñendo a Costa da Morte no mapa.

A visita a Santa Comba do día en que o tridente do Real Madrid e mitos do fútbol mundial, Amancio, Gento e Di Stefano, visitaron Santa Comba, fai 26 anos foi o arranque desta charla que nos dou para coñecer o desenvolvemento, anécdotas e curiosidades na organización de eventos deportivos, incluso culturais e descubrimos grandes anécdotas que incluso son descoñecidas para os seus propios veciños xalleiros e que xa forman parte da historia do deporte da Costa.

Amancio Jose Maria e Di Estefano en Santa Comba
Jose María Suárez escoltado por Amancio e Di Estefano nun acto en Santa Comba
José María Suárez e as historias xalleiras con Amancio, o SuperDépor...

Amancio Amaro, lenda do Real Madrid, do fútbol mundial e presidente de honra do clube blanco, faleciu esta semana aos 83 anos de idade. Sabíamos que nos anos 90 durante o goberno de Pepe Toja, en Santa Comba estilábanse moito as visitas de persoeiros ilustres do mundo do deporte, sobre todo do Superdépor. Sabíamos que por Santa Comba pasaron para participar en diferentes actos públicos grandes nomes do deporte como Mauro Silva, Manuel Pablo, “Manteca” Martínez, Turu Flores, Fran, José Ramón ou Lendoiro, e incluso sempiternos do Depor como Barros Botana “Barritos”, o eterno delegado, ou José Angel Franganillo, preparador físico dos coruñeses.

Tamén sabíamos que eran máis ou menos frecuentes as visitas privadas de coñecidos, como o internacional búlgaro Luboslav Penev, que formou parte de plantillas como as do Valencia, Atlético de Madrid ou Compostela. Tamén de Fabiano, brasileiro, ex do Compostela en 1ª División, agora adestrador dos santiagueses, e incluso escoitaramos rumores de que Bebeto, a súa muller Denisee e os seus fillos, facían frecuentes visitas a Santa Comba.

Jose Maria Suarez con Franganillo
Jose Maria Suárez de vermello, nun evento con Franganillo

Nos aínda éramos moi novos. QPC aínda non nacera, non había internet nin prensa dixital, tampouco había redes sociais, nin dixitalización, nada de smartphones, nada de fotos ao instante, nin tiktok, nin facebook ou instragram, e parece que moitas das cousas que nos contan non quedaron constatadas. Non hai documentación ou se perdeu, como si non existiran, incluso para moitos rapaces é dificilmente crible estes feitos cando hoxendía as grandes estrelas do deporte mundial están, en certo modo, nunha burbulla, alonxados, ou polo menos en diferentes aspectos, distanciados da xente de a pé.

Pero tamén nos contan que por Santa Comba fai 25 anos viron de paseo polas súas rúas a tres lendas do fútbol mundial, Amancio, Gento e Di Stefano. Chegados a este punto tiñamos que deixar o que nos dn en “stand by” e proceder a constar a credibilidade de todo elo.

DI Estefano e Amancio en Santa Comba 2
Acto no Centro Cultural con grandes históricos do Real Madrid

E poucos mellor que José María Suárez, un dos funcionarios máis veteranos do Concello de Santa Comba, gran amigo e compañeiro deste medio que tanto nos axudou en diferentes actividades como a organización da exposición de camisetas dos clubes do Fútbol da Costa, precisamente levada a cabo en Santa Comba, ou a visita de David Vidal a Costa Morte. Foi el o autor do vídeo da charla que deu David Vidal á rapazada do Xallas que leva casi 30.000 reproducións en Youtube.

José María Suárez é daqueles funcionarios que chegaron a administración pública co Plan Deputación de Hockei a patíns no ano 1987, case sen medios, sin infraestructuras e sin formación de deportiva. De feito ata a morte de Franco a formación deportiva estaba en mans dos mestres, nos colexios de E.X.B. e ademais da ximnasia prácticamente o único gran evento deportivo nos concellos eran os Xogos Escolares. Coa entrada da democracia a xestión deportiva pasou os concellos, pero toda a súa implantación se retrasou, e xa non só polo reseñado de falta medios e infraestruturas, senón porque ninguen cria nunha democracia real en España, toda a estrutura era moi fráxil ata que chegou o golpe de estado, que España e os españois superaron. Despois chegou o Mundial de fútbol de España 82, un mundial modélico en organización, onde España mandou unha mensaxe o mundo do que era capaz de facer e pegoulle un empuxón a democracia.

José María puido formarse neste plan provincial, en temas como fútbol sala, coaching deportivo ou ata halterofilia.

Falamos con José María

  • QPC: Vaia privilexio poder formarse en tantas especialidades ao lado da casa, non?

Pois sí, e sendo case un neno e con todos os teus compañeiros do colexio e de barrio, vivindo na casa de teus e podendo ir igualmente ao Instituto, e todo andando e comendo da casa, un luxo total.

 
  • QPC: Dixo nunha ocasión Gerard Piqué: “Gracias Kevin Roldán, contigo empezó todo”. Ti podes dicir “Gracias Hockei, contigo empezó todo”.

Jajaja, pero el decíao para burlarse do Real Madrid e despois levou nos morros. Eu comencei o curso de hockei cando tiña 16 anos recién cumpridos. Non era unha formación regrada pero daquela non había nada polo estilo nin había prácticamente ninguén con coñecementos cun mínimo título deportivo detrás que os avalase para impartir unha formación e deso se trataba.
Buscábase ademais que os participantes poideran estudiar no día a día, xa tiñamos en Santa Comba Instituto de BUP e de FP, e poder facer a formación en fins de semana en Santa Comba era unha gozada, era todo intensivo, de feito a formación abarcaba todo o sábado desde as nove da mañan ata as nove da noite, máis todas as mañans do domingo e si a actividade era algo máis amplia ou requería máis horas incluía tamén os venres pola tarde. E así xeralmente de catro a seis fins de semana seguidos por curso, porque primeiro facíase iniciación e despois perfeccionamento.

Eu fixen todas as formacións que citaches incluso unha de baloncesto. Si facías todas realmente era como un master que che ocupaba todas as fins de semana de setembro a xuño. De feito xa a de técnico de actividades socioculturais durou uns cinco ou seis meses. Eu fai uns anos fixen o curso de adestrador de fútbol e realmente seguíase un sistema parecido para poder compaxinar cos estudios ou a xornada laboral. Pódese decir que os que participamos daquela nestos plans fixemos un máster de adaptación e preparación para monitorado deportivo da Deputación da Coruña, e todo gratis con grandes profesionais como docentes e podendo participar en actividades de élite porque incluso iamos a partidos do Liceo. Por suposto aprendemos a patinar e mentras os que éramos máis maiores só nos quedaba a aprendido pero os máis xovenes pasaron a formar parte dun equipo que competiu durante un bo tempo nunha liga comarcar, entre outros creo que estaba o Cee, Ordes e Cerceda. Pero iso podemos deixalo para a entrevista que nun futuro lle fagas a Huelvis.

 
  • QPC: Tamén Huelvis estivo liado no Hockei, o nome o delata.

Homeeee, non sei si foi porteiro de discoteca, pero do resto foi porteiro de todo, de fútbol, de fútbol sala, creo que balonmán e de hockei. De feito o seu apodo orixinal era Huevis, e empezouselle a chamar Huelvis, porque o porteiro internacional do Liceo e José Luis Huelves, e ao final quedoulle Huelvis un híbrido entre huevis e huelves. Aínda que algún ahora chámalle ata Elvis jajaja. Pero tamén aí se pode decir que “contigo empezó todo, co hockei”.  

  • QPC: E como dixen, ao lado casa.

Si claro, senón sería imposible, non tiñamos carné de conducir, nin coche, nin tampouco a familia podía andar levándonos a outros municipios todas as fins de semana. As cousas cambiaron moito pero se a Deputación me propuxera un consello ou proposta de actividade sin dúbida diría un novo Plan Deputación de Formación Deportiva preto do pobo. Neso demos un paso atrás nos pobos pequenos, soe haber formación de todo tipo de cursos, cursillos ou obradoiros, pero de deporte si te queres formar cun simple curso hai que ir as capitales, ademais case todo se centra no mesmo, fútbol, futbol sala, balonmán si hai equipo, natación si hai piscina e pouco máis, non hai un impulso, salvo excepcións a deportes minoritarios. E algúns cursos como o de técnico de actividades socioculturais soen costar uns 400 euros. O hockei viviu unha idade de ouro co ese plan, aparte de que achegar formacións impensables na época como halterofilia.

 
  • QPC: E de aí empezaches no concello.

Bueno máis que empezar ía por alí cando facía falta, como se facían moitas das cousas nos anos 80. Empecei a dar a escola de baloncesto porque non había ninguén que a quixese dar porque non pagaban nada, era en forma de colaboración, pero como a min me gustaba o deporte e estaba entretido por ía con gusto. Despois ao estar alí chamábanme para outras cousas e ían caendo unhas calderillas. Para botar unha man co maratón de fútbol sala que era un éxito total, deronme dúas mil pesetiñas “libres de polvo y paja” jajaja.
Despois pedíronme se colaboraba en poñer en marcha, tamén sin cobrar, a escola de fútbol sala, e alí fun, déronme un chandal con pantalón azul de chaqueta verde que me roubaron o segundo día. Despois dixéronme que si daba a escola de fútbol sala podía dar a de fútbol tamén, e como tiña a titulación pois dixen que si. Outra vez gratis por amor o deporte, pero pouco despois xa me dixeron que me ían a dar algo e comenzaron a darme 10.000 pesetas ao mes, cando saías de marcha con 1.000 pesetas e un cubata de Larios ou Gordons que era o que había costaba o redor de 200 ptas.
Dábaa no recientemente inaugurado e inmaculado campo de Fontenla, unha xoia deportiva da época, pero desde o Colexio Inmaculada pedíronlle ao concello se se podía dar parte no propio colexio e alí fun como unha actividade máis do programa de educación física do centro.

Despois estaba saturada a xestión da piscina climatizada e dixéronme se lle podía botar unha man a José Costa que daquela era o técnico deportivo, e alí fun tamén gratis. Xa daquela había piscina climatizada detrás da grada de Fontenla.
Despois chamáronme para que botara unha man na organización dun partido internacional de Hockei Liceo-Barcelos, dous equipos internacionais campións de Europa, que creo era o inaugural do Pavillón de deportes de Santa Comba, outras dúas mil pesetas caeron, en sobre a recoller na taquilla, jajaja.

Despois veu o famoso concerto de Los Suaves e Troleblues e tamén me chamaron, tamén algún pellizco me caeu da taquilla e unhas birras con Yosi no camerino, nesa zona que ahora lle chaman back stage.

Estiven “colaborando” desde 1987 ata 1992, cinco anos, sin ningún tipo de contrato nin facturación por cobro, cando cobraba era por sobre dalgún ingreso que había dalgunha actividade con taquillaxe ou inscrición, unha veces si e outras veces non, e ben vía que cobraban outros e eu traballaba, pero era o que había, había que ir aprendendo, vendo e escoitando para coller experiencia e ir sacando uns duros, e sin ningún tipo de seguro ou cotización ata setembro de 1992.

E eso que o 92 xa foi un ano clave na historia de España, foi ano de modernidade coa Expo de Sevilla e a Olimpiada de Barcelona. E o curioso foi que despois de 5 anos en actividades deportivas o primeiro contrato que me fixeron foi para tramitar subvencións de rehabilitación de vivenda rural, cunha subvención da Xunta de Galicia para catro meses soamente. A partir de aí xa foi a explosión e o gran boom dos fondos Europeos, chegaban cartos a mareas para crear os servizos de formación e emprego, oficinas da muller, oficinas de consumo, servizos de protección civil e houbo un boom de contratacións para modernizar os concellos e sempre traballei de forma legal e continuada, tocándome por certo poñer en marcha varios dos departamentos citados.

 
  • QPC: Dis de forma continuada. E a mili?

Fíxena no propio Concello de Santa Comba e ademais mandando jajaja. Eu estaba agotando as prórrogas e xa non tiña motivos para escaquearme máis, pero no concello tíñamos moi avanzada a homologación como entidade para poder ser centro de prestación social sustitutoria. O compañeiro Mancebo, o malogrado Mouro e eu estabamos á fronte do tinglado para coordinalo e tan pronto contamos co visto bo do goberno central declareime literal “antimilitarista e contrario a calquera manifestación belicista” e pedin a incorporación a prestación social sustitutoria no Concello de Santa Comba. Xa a mili estaba moi cuestionada e che daban a opción da mili ou da prestación social, que non se debía confundir coa insumisión, eso era non querer facer nada e tiña penas de cárcere. E así centos de chavales da miña idade de Santa Comba, Zas, Baio, Laxe, A Baña, Negreira ou Mazaricos fixeron a prestación social en Santa Comba baixo a coordinación de Mouro e máis eu que ademais estabamos facéndoa tamén. Neso tamén nos adiantamos aos demais concellos. Realmente podías compaxinar os estudios o ou traballo coa prestación social a que tiñas que acudir a actos e actividades específicas esencialmente a labouras de protección civil.

 
  • QPC: Ata hoxe con cantos alcaldes levas?

Con todos os da democracia, desde Arufe ata agora con María Pose, co cal, en todas as situacións políticas posibles, maiorías, minorias, mocións de censuras (3), traicións, dereitas, esquerdas, independentes, medios duns e medios doutros. Pasei de ter un só alcalde en 14 anos a ter 7 alcaldes en 9 anos, pero eso xa é outra historia para escribir un libro e si coñeces alguen que estudie ciencias políticas xa sabes dille que faga un proxecto fin de carreira ou unha tesis sobre os anos de democracia no Concello de Santa Comba.

 
  • QPC: Cambiando de tema, cóntame unha cousa, non atopo en google nin unha referencia sobre Amancio, Gento e Di Stefano en Santa Comba.

Tes que profundizar nas hemerotecas dos medios de prensa en papel e que aínda non estarán dixitalizadas pero o feito é verídico e sucedeu o 28 de xuño de 1997, con motivo dun partido do Real Madrid de veteranos e o Deportivo, no campo de Fontenla e eu teño fotos cos tres e dos actos, en papel por suposto non había cámaras dixitais nin smartphones.

 
Amancio Gento e Di Estefano en Santa Comba
Amancio, Gento e Di Estefano en Santa Comba
  • QPC: Pois iso había que poñelo a disposición dos veciños, son cousas bonitas de recordar.

Témolo todo documentado no concello e estamos traballando na recuperación da web “Santa Comba na memoria” que ademais de ter só fotos históricas como antes, vai ter moito máis contido con historias e anécdotas da vida municipal, incluso desde comenzos do século XX, vai ser a maior recopilación histórica municipal e vai a gustar moito, porque a xente vai a descubrir detalles e anécdotas do seu pobo e da súa familia que non coñecía antes, vai a ser unha das grandes referencias para o pobo de Santa Comba no aspecto histórico, xa levamos un par de meses traballando no tema todo o departamento de medios tecnolóxicos audiovisual e multimedia e esperemos que vexa a luz moi pronto.

A web xa ten uns anos pero o dominio non dependía de nós, e foi hackeada, estivemos moito tempo sin acceso e sin control sobre ela. Agora os compañeiros de informática recuperárona e estamos dándolle caña. É algo moi ilusionante para os de Santa Comba, ademais cos cambios políticos sempre soe haber novas ordes, novas formas de traballar, novos criterios, e moitas cousas quedanse no camiño ao non dárselle as mesmas prioridades, pero este tipo de proxectos sempre tiveron un apoio político sin fisuras independentemente de quen gobernase ou fose concelleiro de cultura, deporte ou xuventude. Incluso os concelleiros e alcaldes saíntes sempre nos recordan e insisten que non deixemos morrer o proxecto, pero o certo é que houbo momentos no que non tiñamos o control, estaba en mans dunha banda organizada que vendía nela calzado falso. Agora estamos recuperando e rediseñando todo. Aí documentaremos esa visita e outras cousas curiosas, pero é un traballo latoso que nos quita moito tempo, que require moito cariño porque é a historia das nosas familias, dos nosos veciños e do noso pobo, unha historia que existe pero que a xente non coñece, e un proxecto o que tamén lle adicamos moito tempo nas tardes e fins de semana, será a nosa enciclopedia histórica, a enciclopedia dos Xalleiros.

 
  • QPC: Disme que o Real Madrid trouxo a un puebliño preto da Costa da Morte, como é Santa Comba, o seu equipo de veteranos, coas tres maiores lendas do clube e ata do fútbol mundial…

Efectivamente, pero ese mesmo día viñeron tamén outros históricos do club. Do cuarteto do Real Madrid dos “Garcías”, (García Remón, García Cortés, García Navajas, e García Hernández), estiveron García Cortés e García Navajas. Todos eles formaban parte da plantilla que alcanzou a final da Copa de Europa de 1981 que se disputou no estadio do Parque dos Príncipes de París ante o Liverpool, que creo que ata o día de hoxe é a única final Europea que perdiu o Madrid, 1-0 contra o Liverpool, e que por certo García Cortés xogou case na súa totalidade (87 minutos). Tamén estivo en Santa Comba Ángel, que tamén formou parte da alineación desa final e que a xogou íntegra. Ou Isidro, que xogou máis de 400 partidos oficiais de Liga, Copa de Europa, Copa da Uefa ou Recopa, e ten sete títulos oficiais co Real Madrid.

 
  • QPC: Son nomes que os rapaces hoxe lle sonan a chino pero que son históricos.

Claro, Amancio, Di Stefano e Gento que é o maior representante da familia dos Llorente, os Llorente Gento, deportistas de élite con raíces no Real Madrid, no Atlético de Madrid e no baloncesto, xa son os tres mitos máis grandes do Real Madrid e incluso mundiais, comparados con Pelé, polo menos Di Stefano está nese pedestal de Pelé, Cruyff e Maradona. Os outros xa non teñen nomes pomposos como hoxendía, pero foron referencias nos ano 70, 80 e un pouco nos 90, e todos estiveron en Santa Comba nesa data. Foi como si dentro de 20 ou 25 anos veñen Messi, Cristiano e outra estrella de hoxendía. Ese día tamén estiveron outros menos coñecidos como Sánchez Barrios, Rubiñán, Magdaleno, Santa María, Portugal, que despois se metiu a adestrador e incluso creo que adestrou en primeira división, Pachín, Groso. Eran arredor de 20 antigos xogadores de élite, moitos mundialistas, incluso estaba prevista a asistencia de Santillana pero ao final non poido asistir.

 
  • QPC: E dos veteranos do Deportivo?

Si claro, pero estando ese elenco con Amancio, Gento e Di Stefano a cabeza xa estaba todo o resto eclipsado, e eso que xa tiñan unha idade que non estaban para xogar. Amancio tiña 57 anos e era o máis novo, viñan de adestradores. Pero polo Deportivo tamén había xente coñecia como Ballesta, histórico segundo adestrador do Superdepor, Jorge, Giráldez, Richard, Lerio, Silvi, Agulló, Vicente, Traba ou Sabín Bilbao, que xogou nos comenzos do Superdepor, e que acabou a súa traxectoria xogando no Ponteceso, na 2ª rexional da Costa, non tiña o depor mal elenco.

 
  • QPC: O árbitro tamén foi un ex da élite.

Si, foi Raúl García de Loza. Toja, que era o alcalde, tiña relación con el, e nós xa tiñamos o seu teléfono nas nosas axendas, aínda que él non descoñecía o municipio, porque antes de ser árbitro profesional e incluso sendo árbitro era traballador de Telefónica e visitaba a zona. Incluso algún traballador municipal xa xubilado contaba unha anécdota dos anos 80 que unha vez tivo que visitar o concello por temas laborais despois dunha arbitraxe polémica, creo ademáis que o Real Madrid, e dicía que uns veciños insultárono nas oficinas do concello. Era na época no que a arbitraxe non estaba profesionalizada e compaxinábase co laboral.

 
  • QPC: Como se lle dou o Concello por organizar ese evento.

Non o organizamos nos, foi unha iniciativa dunha empresa local privada, aínda que nos puxemos parte do cartos necesarios para cubrir o presuposto total, ademais levamos a xestión de todo o tema de asistencia, protocolo, e a loxística de Fontenla. Incluso puxemos autobuses para que os menores de 17 anos puideran ir recibir ao Real Madrid no aeroporto de Lavacolla. Digamos que non organizamos pero como casi todo en Santa Comba o Concello era o sustento e pilar esencial do evento, tanto en economíca como el loxística ou apoio humano.

 
  • QPC: E como se vive iso de que mitos do fútbol paseen polas rúas do pobo.

Bueno, pasear realmente non pasearon. Si tiveron unha recepción oficial no Centro de Cultura con intercambio de agasallos e na rúa no exterior do edificio pois atendían a todos os que llo requerían. Despois da comida, que foi no Restaurante Leandro, Amancio pediume que fose a buscar o chófer do autobús que el tiña que ir botar unha sesta, que non podía estar sin sesta; funllo a buscar e despois foron os tres, Amancio, Di Stefano e Gento a durmir ao autobús e despois pasearon un pouquiño por alí adiante. A xente que sabía do acto e pasaba por diante do restaurante flipaba o ver os tres durmindo nos asientos. Pero foi todo moi cercano, moi enrollados, xente normal, e no campo de fútbol igual.

 
  • QPC: Supoño que recordarás algunha anécdota reseñable.

Aparte da da sesta, jajaja, chamoulle moito a atención o estado do campo de Fontenla que daquela tiña unha herba natural envexable. Amancio dicíalle a Di Stefano “Alfredo, esto ni el Bernabeu” e el contestoulle “está lindo el pasto, está”; e Amancio, que era galego, díxolle “por eso Alfredo, por eso, porque es pasto, esto es realmente pasto, es hierba, la hierba es donde comen la vacas, es hierba bruta es campo menos exigente, regar, cortar, airear un poco y listo, si fuera césped como los campos de primera no se aguantaría así, además aquí hay sol y viento todo el año y habitualmente lluvia de la buena, no es como el Bernabeu, que es todo sombra y hay que regar”.
Despois Amancio dicíalle os xogadores “no jugasteis en vuestra vida en un campo como este en eliminatorias europeas en países del este como Rusia, Hungria o Yugoslavia”. Algún dicía que incluso nin en Alemaña, aínda que asentaban o que decía Amancio da diferencia entre cesped e herba e as condicións climatolóxicas. Obviamente non era o Bernabeu e Amancio tiraba para a casa exercendo de galego pero si que cos comentarios valoraron moi ben o terreo de xogo e moito mellor que os nevados e xeados dos países do este nos que xogaban nos 80.

Estiven con eles acompañándoos durante toda a xornada, dándolle a asistencia necesaria para que levasen un bo recordo, para que nos lles faltase de nada. Como anécdota tamén reseñar que o partido estaba previsto para seis meses antes, no outono-inverno, pero debido a un temporal de choiva aprazouse para xuño na previa das Festas de San Pedro pero volviu a chover intensamente nas semanas anteriores e mermou un pouco a asistencia o partido. Recordo tamén de ir a Muxía a casa dun home xa maior que era fanático do Madrid, pero fanático fanático radical, tiña o faiado da casa convertido en museo do Real Madrid. Pero non recordo si acudimos con algún xogador, eso si, o home levou fotos con todos e autógrafos e estivo con nos en todos os actos, incluso sae nas fotos oficiais de corbata.

 
  • QPC: Pero houbo máis famosos que acudian a Santa Comba habitualmente.

Si, si tiñamos unha boa axenda, bos contactos e sobre todo tamén nos inventábamos desculpas para que viñeran e non poideran decir que non.

 
  • QPC: Como que disculpas?

Se te fixas, os concellos sempre se inventan un motivo para algo, e despois arredor dese motivo, créanse moitas accións, aínda que ese motivo non teña nada que ver cun concello ou o concello se apropie do motivo xenérico. Velo por exemplo nas festas gastronómicas. Quen dí que o cocido é de Lalín e lle pertence a Lalín? O cocido é de Galicia outra cousa é que os de Lalín espabilaran antes que outros, se apropiaran da idea, déranlle marca, puxérano en valor, e que digan que eles son a capital, e a partir de aí crearon todo o que coñecemos hoxendía e ademais lle serviu para xustificar a necesidade de solicitar axudas e subvencións, a necesidade de infraestructuras que despois foron clave para o desenvolvemento do concello.

E os concellos soen facer o mesmo en moitas cousas. E nos tamén fixemos o mesmo, naquela época o técnico deportivo José Costa e a min xurdiunos a oportunidade de poder participar no percorrido europeo da antorcha contra a droga, que xestionaban a Asociación de deportistas contra la Droga, cuio presidente de honra era o Príncipe de Asturias, o actual rei. Nos formulámosllo a Toja que era o Alcalde, que a todo o que fora actos e eventos dáballe a todo para adiante, nunca poñía un pero a ningunha actividade ou iniciativa, aínda que viñera de grupos opositores, algo que non sempre sucede en política, si procede de alguén da contra, sempre se mira con detalle. Coa súa aceptación, que xa a dábamos por feita, e con esa disculpa creamos actos e eventos varios paralelos. Esencialmente tiñas que pagarlle un canon á entidade, eles mandábanche as antorchas e algunhas veces tamén os deportistas, pero xeralmente os deportistas tiñamos que xestionalos nós e aí tirabamos de axenda e de contactos para magnificar os eventos.

 
WhatsApp Image 2023-02-24 at 16.41.22
A antorcha de Antidroga coa rapazada de Santa Comba
  • QPC: E así empezou o desfile de famosos deportistas por Santa Comba.

E a descubrir necesidades infraestruturais que agora son clave para o municipio. O do Real Madrid foi en xuño do 97 e a recepción no Salón de Actos do Centro de Cultura xa se quedou pequena. O ano seguinte, o 3 de decembro de 1998 a chegada a Santa Comba de Fran, José Ramón, Donato e Mauro Silva portando as antorchas contra a droga foi un acto multitudinario en pleno boom do Superdepor pero non tíñamos onde metelos, tanto que para o acto oficial de recepción tivemos que pedirlle prestado o salón de actos da Cooperativa Xallas, que ademais acababan de estrear porque nós non tiñamos instalacións para albergar tales actividades. Iso acelerou a construción do Multiusos e o Recinto Feiral, como antes sucedera, a finais dos 80, co famoso maratón de futbol sala na Sala de Festas Jema 2000 que acelerara as xestións para a construcción do pavillón de deportes, na época de Arufe como alcalde. Pero en vindeiras edicións mentras non tiñamos instalacións adecuadas optamos por facelos ao aire libre no campo da feira, pero había accións que non tiñan cabida na rúa, necesitábanse outras instalacións.

 
Marcha contra a Droga en Santa Comba con Mauro Silva-Fran-Donato
 Mauro Silva, Fran, Donato e José Ramón por Santa Comba
  • QPC: E como foi ese primeiro evento?

Xa che digo multitudinario, case un caos, bueno sen case, non contábamos con aquel éxito, desbordáronsenos todas as previsións. Os colexios pararon toda a mañá para ir aos actos, acudiron aos actos uniformados cos chandals dos seus colexios, fomos portada da Voz de Galicia, tivemos que reducir o percorrido da antorcha por seguridade, que realmente eran catro antorchas, unha por deportista, incluso tivemos pebetero, as demandas de chandals e camisetas da asociación desbordaronse, tivo que vir a Guardia Civil a controlar os rapaces e os pais. Un éxito rotundo.

  • QPC: E detrás dese, outro, outro e outro.

Siiiii, e todos da élite pero da máis top. En 1999 trouxemos a Manuel Pablo, Turu Flores, “Manteca” Martínez, e Gabi Shcurrer, todos do Superdépor.

Manuel Pablo Shurrer-Santa Comba
Manuel Pablo, Gabi Shcurrer, Turu Flores e “Manteca” Martínez

En 2002 trouxemos a outro mito do fútbol como Rafael Gordillo, Medalla de Ouro ao mérito deportivo, internacional en 75 ocasións, con 667 partidos entre Liga, Copa e Copa de Europa entre o Betis e o Real Madrid, acadou unha Copa da UEFA, cinco Ligas, unha Copa do Rei, tres Supercopas de España e foi Subcampeón da Eurocopa de 1984, tamén foi presidente do Betis. Cando estivo en Santa Comba dou unha charla e xogou tamén en Fontenla cos rapaces. Neste caso a chegada de Gordillo a Santa Comba foi xestión directa da Asociación de Deportistas contra a Droga que tiña sede en Sevilla, e tiña un plan de acción que o percorrido europeo da antorcha contra a droga poñíalle o apelido “Tour de Fútbol Rafael Gordillo utiliza tu propia química”. Nese acto nos tiramos dos nosos contactos e completamos o elenco, con tres xogadores do Liceo de Hockei, ademais internacionais, dous por España, Yosema Allen e o porteiro Ramón Canalda, ademáis de Carlos López, internacional por Arxentina. Tamén ese día trouxemos a García de Loza, arbitro, e como moderador do acto o coñecido Terio Carrera, que daquela era subdirector de deportes da Radio Galega. Foi un acto curioso, porque si anteriormente chamábamos á Xunta de Galicia e a Deputación para que enviaran a un representante, nunca nos fixeron caso, como pensando que era un acto de aldea de terceira, pero este ano xa o tema tiña repercusión mediática e a Xunta de Galicia mandounos como representante a Julio Fraga que era Delegado Provincial de Deportes.

Jose maria con Gordillo
 Gordillo en Santa Comba

No ano 2003 optamos por dous ciclistas e un futbolista. Como ciclistas, o histórico Álvaro Pino e Marcos Serrano que daquela estaba no equipo Once-Eroski. En fútbol trouxemos o Bosnio Vlado Gudelj, que disputou na liga española 318 partidos e marcou 134 goles entre o Celta e o Compostela. Esta edición tivo unha curiosidade e é que o Concello de Santa Comba non formaba parte da Asociación Neria da Costa da Morte, pero a asociación tiña un plan de acción antidroga no que si Santa Comba participaba e Neria foi un dos colaboradores dese ano, co cal xa estabamos máis na Costa da Morte.

Tamén tocamos o baloncesto, nunha variante que había na Asociación de deportistas contra a droga, que era o “Tour de baloncesto contra a droga Brabender´s World” co baloncestista americano Wayne Brabender, outra lenda do Real Madrid, donde estivo 16 anos, co que gañou 13 ligas, 7 Copas do Generalísimo, 4 Copas de Europa, 4 Copas Intercontinentales, un Mundial de Clubes, foi MVP do Eurobasket do 73, cinco veces All-Star da FIBA, en 1991 foi incluído na lista dos 50 mellores xogadores FIBA e en 2008 foi incluido na lista dos 50 maiores colaboradores da Euroliga.
Noutros actos tamén tivemos a deportivistas de menor fama como Dani Mallo.

 
Con Brabender en Santa Comba
Con Brabender en Santa Comba
  • QPC: Xente do fútbol, baloncesto, ciclismo, hockei, pero vexo que tamén árbitros nunha época que non se contaba moito con eles.

Bueno aí, só García de Loza, que como xa che dixen era máis cercano a estas terras e incluso tempo despois creo que chegou a vivir en Corcubión. Pero tamén fixemos moitas cousas co árbitro profesional de 1ª división (agora árbitro Var), o ferrolán, Nacho Iglesias Villanueva, que estivo unha tempada bastante amplia dando clases en Santa Comba no Colexio Inmaculada, ata adicarse por completo e de forma profesional a arbitraxe, incluso tempo despois veunos a unha Gala do Deporte. Pero neste caso eran máis accións do día a día cos seus alumnos. Incluso un ano no que participou García de Loza, creo que foi no 2002 cando foi o Tour de Fútbol Rafael Gordillo, Iglesias Villanueva estaba presente nos actos cos seus alumnos do colexio Inmaculada, e recordo que García de Loza despois dunha charla, o final, pechou o acto decindolle os asistentes que se quedaran co seu nome porque iba a ser próximamente árbitro de élite en primeira división, como así foi.

 
  • QPC: Vexo que tíñades predileción polo Real Madrid…

Homeeee, Costa eu e o alcalde éramos os tres do Real Madrid. No Concello de Santa Comba somos moi madridistas, e “brasileiristas”, creo que hai máis do Flamengo, Vasco da Gama ou Botafogo que do Barsa, porque as relacións coa emigración brasileira en Rio de Janeiro e menos en Santos influe moito. Ademais éranos máis fácil chegar a eles porque tiñan máis accións coa asociación. Tempo despois tamén trouxemos a Oscar Pereiro, que sendo ciclista tamén é moi madridista.

 
  • QPC: Como facíades para convencer os deportistas?

Pois tratabamos de convencer case sempre buscando un intermediario e despois contabámoslle as bondades culinarias das Terras do Xallas e caían rendidos, porque moitas veces aínda que pensemos que non as coñecen si saben moi ben onde queda e o que hai.

 
  • QPC: Cóntame, cóntame.

No caso do Depor tiñamos contactos dentro, tan dentro que estaba no mesmo vestiario, tanto que traíamos a xogadores de catro en catro. O que era preparador físico, José Angel Franganillo estaba e segue estando casado cunha de Santa Comba que ademais era veciña da infancia dunha traballadora municipal, despois só era cuestión de dicir as palabras máxicas: restaurantes, carne, patatas, troitas, productos do campo, vacas e xa viñan sós jajajaja.

Despois en diferentes épocas o alcalde Toja foi Deputado Provincial e tiña relación con Lendoiro que foi presidente da Deputación e dicíalle que estaban os traballadores municipais facendo xestións no vestiario e que non se lle ocurrira meterse no medio jajaja. Así en ocasións Lendoiro cando se enteraba sumábase os actos e paralelamente incluso se facían xuntanzas de alcaldes da zona con Lendoiro en Santa Comba aproveitando estos actos. Lendoiro foi precisamente o que puxo a primeira pedra da nova piscina climatizada. Franganillo e a súa muller realmente axudáronnos moito, agora xubilado pasa tempadas en Santa Comba e vese en ocasións de paseo e de compras polo pobo.

 
  • QPC: E con todo isto… seguro que tamén haberá algunha anécdota desas que non se podían contar, non ;-)?

Algunhas hai ata ilegais jajaja… pero algo podemos contar porque xa prescribiron. En ocasións os actos duraban tres días, había accións de todo tipo e xeralmente era por medio da semana porque o fin de semana tiñan outro tipo de compromisos, sobre todo os que estaban en activo. Costa e máis eu levabamos o peso da organización e das xestións pero en determinados temas tamén nos axudaba Cristina Pereira que estaba en formación e emprego e tamén Gilá, un carpinteiro do concello, que agora está xubilado. Os dous pouco lle facía falta para meterse en caralladas onde había festa. Como digo, o botar en ocasións varias noites no pueblo pois ceaban e durmían aquí e nós estabamos todo o día con eles. Nunha ocasión antes dunha cena, Brabender, de casualidade, veu os cabalos do Rianxeiro, que é o pai do cura de Vimianzo, Daniel Turnes, unha familia que sempre estivo ligada o mundo ecuestre, e dixo que nunca montara a cabalo e que lle gustaría. Na cena Cristina e Gilá despois de que Brabender lle dixera que nunca montara, empezarono a liar e claro a noite foi avanzando e xa te podes imaxinar a un armario de 1,93 de altura montado a cabalo un día da semana polas rúas de Santa Comba despois da cea.

Brabender en Santa COmba
A dereita o do Leyma, de vermello, Costa, fronte a el Brabender e o lado de azul Toja o alcalde. Detrás de Toja, Cristina Botrán, periodista do Correo Galego, a xalleira Cristina e Daniel Turnes "O Rianxeiro", pai do cura de Vimianzo Daniel Turnes

Todos eles viñan gratis, loxicamente dábamoslle un agasallo de recordo e unha comida protocolaria, incluso en ocasións con participación de membros da directiva do Xallas e do Castriz.


Nunha ocasión cando chamamos a Franganillo para organizar un novo acto e nos xestionara uns cuantos xogadores, dixo que tiñamos que falar con Manuel Pablo que había un pequeno detalle que comentar. Nós xa pensamos, “la cagamos”. Leváramos o ano anterior a todos a comer ao Retiro da Costiña, que daquela xa era un bo restaurante, xa despuntaba, pero non tiña nada que ver co de agora, nin era estrella Michelín, nin tiña a casa de agora, aínda estaba o bar vello na parte de adiante. Cando chamamos a Manuel Pablo, díxonos que lle gustara a comida que non tiña peros, pero que ese tipo de gastronomía xa as tiñan moi vista e que os xogadores en ocasións lles era difícil acceder a comidas caseiras típicas, sobre todo fóra de España, e que a eles lles gustaría unha comida máis corriente pero típica, e que de ser así podían vir ata sete xogadores que non viñeran antes. Sete, era case media plantilla, porque xa viñeran Mauro Silva, Donato, Fran e José Ramón, si viñan sete en dous anos xa contabilizabamos once en dous anos, máis o delegado, preparador físico e Lendoiro.
Nisto preguntámoslle que era o que querían. El dixonos que Gabi Schurrer que era un arxentino que o Depor acaba de fichar do Racing de Santander, descubrira alí en Cantabria as troitas e a tortilla e que flipara e que sabía que por esta zona había bo material e vacas, co cal tiña que haber boa carne, ademais que Franganillo lles contara cousas de por aquí e querían un menú a a base de troitas, matizando que de río, non de embalse, tortillas con patacas e ovos “de los que teneis ahí en las huertas y también algo de carne de la zona”. Nós, daquela, tiñamos a coñecida lenda do Fútbol da Costa traballando no concello, o coñecido Sergio Prego “Doro”, que igual que seu pai era moi bo troiteiro.
Cando llo comentamos o alcalde dixo que había que poñerse mans a obra e que Doro tiña que coller uns días libres para ir con seu pai a pescar troitas ata cubrir as necesidades da cea. E así foi, fixemos no Restaurante O Salgueiro unha comida a porta pechada, porque claro, as troitas non se poden comercializar en restaurantes, nin tampouco as tortillas que lle arrimamos con patacas e ovos da casa porque teñen que ter rexistro sanitario. Completaba o menú unhas milanesas das que facía o Salgueiro que se saían do plato.

O día das tortillas e troitas co Manteca Martinez en Santa Comba
A famosa comida das tortillas e as troitas


Viñeron, Manuel Pabo, Gabi Schurrer, Turu Flores, Manteca Martínez, un exxogador arxentino compañeiro do Manteca que non recordo o nome e Franganillo. Alucinaron, o que para nos era algo normal, para eles nunca tal cousa viran, tanto que o que non deron comido e sobrou leváronno en bolsas e tapers para repartilo entre compañeiros de equipo e familia, incluso troitas feitas e sin facer para preparalas na casa.

Anos despois, fai pouco, nunha presentación das camisetas novas no Centro Comercial Marineda City, creo que durante a presidencia de Tino Fernández casualmente eu esta alí e vin a Manuel Pablo. Dirixinme a él e dixenlle “a buen seguro tu no te recuerdas de mi cara pero yo estuve detrás de las milanesas, tortillas y truchas de Santa Comba”. Dime “buaaaaa chaval como no me voy a acordar de ese día, hoy en día aún sale a conversación ese día cuando recordamos la época del superdepor y alguno aún lo comenta en los clubes que aún trabajan, no sabrán ubicar a Santa Comba en el mapa pero te aseguron que saben que en Galicia hay un sitio que se llama Santa Comba y que se come de puta madre”. Eu puntualiceille que non era para tanto e volveu a recordarme que non será para nós que o vivimos día a día, pero que en moitas cidades e moitos países é realmente difícil acceder a esas calidades de forma tan sinxela.

 
  • QPC: Pasousenos o de Bebeto e familia e tamén o de Fabiano.

Nós non organizamos nunca nada con eles, nin nunca participaron en ningún acto noso. É vox populi entre o vecindario que durante un tempo sobre todo Denise, e os fillos cando eran pequenos deixábanse ver moito pola zona. Tiñan amistades da emigración brasileira na zona do Busto, de aí a visita, e paseaban polo monte arredor da hermita de San Bartolomé, ademais de posiblemente por outros motivos con connotacións de crenzas relixiosas.

No caso de Fabiano e incluso Lubo Penev había algún membro da directiva do Compostela do momento que fixera a mili con xente de Santa Comba ligada o fútbol e durante un tempo frecuentara Santa Comba e incluso seguía os partidos do Xallas, co cal tamén se coñecía no vestuario da SD as bondades culinarias Xalleiras e acudian de cando en vez polo pueblo, incluso para sacar billetes de avión. Tamén se rumoreaba que había un coñecido deportivista, agora coñecido adestrador que tiña unha moza na zona e se deixaba ver con frecuencia en determinada parroquia.

 
  • QPC: A parte disto, estiven repasando hemerotecas e Santa Comba case que organizou de todo.

Home, somos expertos, por iso nos chamaches ti en máis dunha ocasión para colaborar jajaja. Pois si, desde motos, como Campionato de España de Motocross a coches con máis de dez anos organizando dúas probas de autocros do campionato galego o ano, pasando por rallys, motorshow, btt, carreiras pedestres, ciclismo onde tivemos un final de etapa do Volta a Galicia, baloncesto cunha copa provincial, cans de caza, concursos de agility para cans, festas temáticas como a Celta, automodelismo, concentracións de coches antigos, concentracións de tunning, feira Avícola, certamen autonómico de frixona, vintetantas edicións da Subasta de Novillas, campionatos de España hípico, Galas de deporte, festival da canción, ata albergamos unha proba do campionato do mundo de pesca e parte do campionato de Europa de Rallys e todo co esencial apoio municipal, tendo en conta tamén, o empuxe e iniciativa de entidades como os empresarios, escudería esa motor ou o falecido Severino Amarelle. Fíxate, ata colaboramos en cousas impensables e polémicas hoxendia como solta de novillas de touro, campionato galego de de rastreo de xabaríns e de caza do raposo sin ningún tipo de protesta social, algo que agora sería inviable.  

  • QPC: E fochedes pioneros en algo, seguro.

En algo dis? Moitas cousas, na zona da Costa da Morte na maioría das actividades incluso en cousas que ninguén chegou a replicar ou que replicando chamáronnos a nós para que lles axudáramos e asesoráramos, incluso hai concellos que se están atribuíndo uns méritos como pioneiros nos que nós xa deramos o paso antes.

 
  • QPC: Vai haber algún concello que se vai a cabrear…

Non pasa nada os datos están claros, a documentación que se conserva tamén e as hemerotecas tamén. Outra cousa distinta é que haxa concellos que poidan e saiban vender máis e mellor, que se centren máis na élite e na repercusión que nós e lle deran un empuxe maior nos últimos anos incluso a nivel nacional e internacional cando nós optamos por diversificar máis a oferta.

Por exemplo é o caso do ciclismo con Dumbría que está facendo un traballo espectacular ademais como un centro de tirón para toda a zona. Pero nos 80 xa pasaba por Santa Comba a volta ciclista dos tres días da ascensión que era un acontecimiento de referencia. Nesa década pasou por aquí varias veces a volta ciclista a Galicia cando estaba en activo Alvaro Pino, na década dos 90 xa había un clube en Noia co que colaborabamos e viñan sempre a Santa Comba coas súas rutas, en xuño do 2008 albergamos un final de etapa da Volta Ciclista a Galicia, concretamente da cuarta etapa cando xa se lle chamaba Camiños Xacobeos. No 2014 albergamos unha meta volante e un porto de montaña de 3ª categoría da segunda etapa da Volta a Galicia, no 2008 e 2013 a volta a ciclista a provincia da Coruña en categoría élite e sub 23. Tivemos varios pasos polo municipio da Vota Ciclista a España, o ano pasado a meta volante da Volta O Gran Camiño, o día da bicicleta leva décadas organizandose e sempre rematamos con churrasca cando eso non se estilaba pola zona nas actividades, e a Btt levamos organizándoa desde o 2011, fai 12 anos, incluso nocturnas como as rutas do lobo ou un duatlon (carreira a pe bicileta). É dicir, estivemos na vangarda e estamos na pomada de forma máis ou menos habitual.

E en motor xa ves, non creo que haxa concello en Galicia que tocara tantas variantes, nos 80 desde as xincanas clandestinas da man de Severino Amarelle, kars, motocross, tanto Campionato Galego como de España que na zona solo o tivo Carballo, en automovilismo de todo, autocross, con dúas probas anuais desde 1999 ata a pandemia, rally, incluso Campionato de Europa, rallymix, motorshow, carreira de coches de radio control, os espectáculos coa moto e o Ferrari do Portugués Paolo Martiño, motofesta, concentración tuning, concentración de coches antiguos, concentracións mototemáticas, como as de Seat 600, vehículos do grupo volkswagen, ou vehículos deportivos de alta gama, ruta de quads. Ata se organizou unha auténtica tolería que non creo que haxa precedentes en España e ata no mundo jajaja: a carreira de tractores con remolque marcha atrás, ahí queda eso, e está documentado tamén. E dígoche máis: dous Campións Galegos de España de rallys como son Victor Senra e Iván Ares debutaron en competicións en Santa Comba.

Sendo esta zona nos vértices Muros, Fisterra, Carballo, Santa Comba eminentemente agrícola e gandeira o único concello que fai actividades dese tipo é Santa Comba. Nos últimos anos sumoume Mazaricos coa subasta de Novillas, pero eles levan 14 edicións e nos vamos organizar este ano a número 26, 12 máis, e a primeira que fixeron eles tramitámoslle nós todo o papeleo por medio dun veterinario que nos coñecía. E houbo anos que non a organizamos para optar por certames rexionais de frixona en diferentes morfoloxías.

En temas ecuestres o mesmo, aquí organizamos varias edicións co Campionato de España de saltos, unha do Campionato de España de Horseball e varias do galego, na décadas dos 80 e 90 organizaronse unhas vinte edicións de certames cabalares de todo tipo tanto de morfoloxía como de Copas Galegas de Andadura, incluso desde mediados dos 80 ata 1998 tivemos unha parada dos mellores sementales do estado para mellorar toda a cabana equina da Costa da Morte, despois xa se foi todo a inseminación artificial, pero aínda o principio organizamos unhas dúas ou tres paradas de sementais de inseminación artificial, despois xa se foi profesionalizando o tema doutra forma.

Incluso en carreiras populares que agora parece que non es ninguén si non tes unha carreira popular, e nós xa estabamos nos anos 80 no ciclo de carreiras populares da Deputación que foi cando realmente comenzou o tema do atletismo na zona, e non creas que era fácil optar por ese tipo de actividades, porque os que corrían polas cunetas chamábanlle chiflados. Pero nós xa tiñamos a que lle chamábamos, e lle seguimos chamando os da miña época, “La ruta del marathón” que é dar a volta polo concello en dirección a Muros ata Esmorode e regresar a Santa Comba pola avenida do Brasil, ainda hoxendía é a ruta que fai a procesión de coches o día de San Cristobal.

E xa non entro en Los Suaves, Pimpinela, Alazán, Manolo Escobar, Carlos Nuñez, Cristina Pato, Milladoiro, o ballet galego Rei de Viana, as pandereteiras de Leilía, ata antes do boom do BenidormFest, con media pandemia e sin festas de San Pedro trouxemos As Tanxugueiras.

 
  • QPC: Pero agora moitas desas actividades non se organizan. Que sucede?

Por unha parte están as prioridades de quen está no goberno que optan por unha ou outra opcións. Por outra están as modas que tamén afectan moito os concellos, primeiro foron os maratóns de fútbol sala, despois as ligas, aquí chegamos a ter dúas categorías de fútbol sala con case vinte equipos cada unha, despois os marathóns de futbol oito, diso xa practicamente non queda nada en ningún sitio, pasou de moda, nin sequera en Carballo que era unha refrencia. O horseball tamén pasou de moda, o autocross perdiu tirón e estase nunha adaptación cara o rallymix. O dos cabalos coas novas normativas é un pouco complicado xa no básico na seguridade, incluso para asegurar eventos, nos incluso os sacamos da cabalgata, ademais xa che digo agora as modas son atletismo, bicicleta, ximnasio, fútbol en todas as categorias xa desde que empezan a andar e despois un concello tira un pouco máis polo ciclismo, outro polo balonmán e outro polo trail, pero non adoitan haber diferenciacións moi claras, case todos copian a todos.
E despois aínda que sexamos todos da mesma zona cada concello ten a súa cultura intrínseca, aquí somos guerrilleros, empezamos todos con ilusión e acabamos todos a tortas, as iniciativas soen vir de entidades e esas ao final peléxanse, divídense en dúas ou en tres e o final non hai quen empuxe, e eso é moi xalleiro.

 
  • QPC: De todos estes fregados nos que vos metechedes en Santa Comba, ao longo das décadas, con cales te quedas por difícil, por histórico, por repercusión, ou con cal te sintes máis orgulloso?

Son tres e non teño dúbidas.
O primeiro, por top top, repercusión, fácil e difícil ao mesmo tempo, que sabías que era un reto para nós mesmos, foi un autoexamen, foi o acto de nomeamento de fillo predilecto de Santa Comba a Ángel Carracedo. Era un acto fácil no seu conxunto, un par de discursos, uns agasallos e a comer, pero o elenco de autoridades que participaron obligaba a fiar moi fino, tanto que botamos noites no concello ata as catro da mañan dándolle voltas a todo. Eu fixera un curso de protocolo para traballadores públicos que nos impartira o xefe de protocolo da Deputación de Lugo, que non era un calquera por aquelo do Ducado de Lugo e organizaba actos conxuntos coa Casal Real. Era moi completo e chegamos incluso a aprender a comer unha ameixa con coitelo e tenedor, ou a pelar unha laranxa sin tocala coa man. Pero o que máis nos advertiron sempre foi nos posicionamentos das sillas, as ubicacións, os cargos, os egos personais, as discrepancias políticas, sociais, familiares, e a min acordabeseme eso, errar neso nun acto dese calibre podía botalo todo pola borda, poñer a dous familiares que podían estar enfrentados na mesma ou un cargo superior detrás dun inferior podía ser a ecatombe, ou que che aprecera máis xente e non tiveras sillas ou tendoa non ter donde ubicala porque non ibas a quitar a un para poñer a outro. Nós tiñamos confirmación do máis granado da xudicatura, da medicina, das universidades, alcaldes, conselleiros, xenta da Xunta da Deputación, altos mandos da Garda Civil e outros corpos de seguridade do Estado, numerosos coches oficiais, estabamos en época terrorista de atentados de Eta e incluso en Galicia de accións do Exército Guerrilleiro, tiñamos confirmación que diferentes autoridades iban a vir con escolta, e que en casos chegarían horas antes para verificar as instalacións e que podían cambiar o organizado se non lle parecía ben. Fomos todo ao milímetro detalle a detalle, incluso averiguamos si había situacións familiares encontradas para non crear malestar nas ubicacións. Foi un acto de moita tensión, con Carmiña que agora está en Tesourería e co Alcalde, todos os días dándolle voltas facendo mesmamente ensaios no restaurante, porque non tiñamos instalacións decentes e fixemos todo no Restaurante Casa Aurelio. Hoxe faciamos todo, parecianos que estaba ben e mañá volviamos a cambiar todo. Había ademais antes a inauguración do cambio de nome do Centro de Saúde, había que moverse dun lado a outro, con coches oficiais, buscarlle aparcamento reservado, coordinar coa Policía Local, Garda Civil. Afortunadamente o esforzo valiu a pena e saiu todo perfecto.

Outro tamén destacado foi o segundo Rallymix. Éramos a primeira proba automovilística de España que se celebraba despois dos sete mortos no rally da Coruña. Estabamos no punto de mira de todos os medios especializados e da Garda Civil. Era outro reto para nós, non podía fallar nada. Recordo de traballar varios días con protección civil e a policía local baixo a coordinación de Cándido Carrera, que hoxendía é copilo de Dani Sordo no Campionato do Mundo de Rallyes pero xa daquela era Campión do Mundo de Copilotos, un tipo que sabía de que iba o tema, maqueamos o tramos, o RoadBoock, os sistemas se seguridade, as zonas de público, as vías de evacuación, as zonas de emerxencia, ata mobilizamos un posto de mando avanzado de comunicacións da Axencia Galega de Emerxencias para reforzar as sinais das comunicacións cos walkie talkies e non quedar sin sinal, apoio de varias escuderías, e protección civil dos concellos amigos, tíñamos todo preparado o detalle, ata tiñamos elaborado un libro de notas orientativas para darlle os copilotos que elabou Cándido, e que eles os adaptaran as súas formas cantar as notas. Íbamos a estar expostos a lupa de todos. O día da proba chegou a Garda Civil dos destacamentos de Corcubión, Coruña e Santiago miraron todo o milímetro pero nin un erro. Parecia que buscaban, buscaban e rebuscaban un erro, un pero, pero nada. Recordo que Cándido nos dixera que nunca vira tanta policía nin en una proba do Campionato do Mundo. Saiu todo a pedir de boca.

Rallymix de Santa Comba de 2016

Realmente dá gusto organizar este tipo de actividades federativas que ten todo estipulado, sabes de antemán todo o que tes que facer, sabes o tipo de seguro que tes que contratar, con que aseguradora, con que cuantía e cando o tes que pagar, e así con todo número de ambulancias, tipo de ambulancias, equipos médicos e ata vehículos de asistencia o no momento que ten que verificar a seguridade. Noutras actividades como quedadas, concentracións, rutas varias nunca sabes a ciencia cierta o que hai que facer, chamas a varios concellos e cada un o fai dunha forma diferente, ata policías locais e técnicos non se poñen dacordo, despois vas a contratar un seguro e tes que dal mil voltas para atopar unha aseguradora que cho faga.

E a raíz desto que che comento despois recordo cando comenzou o boom das rutas BTT. Nós desde un primeiro momento requeríamos a presencia da Garda Civil, que nunha primeira edición non mandou a tráfico de Corcubión, na segunda o Seprona e na terceira xa nos mandou previamente un equipo da Coruña e outro do Seprona para coordinar o evento, porque realmente era un boom novo que tamén estaba moi difuminada a xestión do papeleo. Nunca faciamos máis trámite, como todos os concellos, pero nesta ocasión o alcalde entrante dixo que había que facer máis trámites que non se podía facer así aínda que coordinase a Garda Civil, que había que dar parte a outras administracións e perdirlle permisos. Pois resulta que no momento da xuntanza coa Garda Civil, tres ou catro días antes, chegaron unhas notificacións que tiñamos que facer unhas inxentes cantidades de trámites, moitos deles con meses antelación cando non sabías nin si iba a haber a actividades, si ía a haber cartos ou si o presuposto municipal ía a estar a aprobado, ademais con moitos deses trámites inviables, baseado en non sei cantas normativas que nin a nosa secretaria nin a policia local coñecían, nin seguían en ningún concello. Ne mesmo intre a Garda Civil díxinos que había que suspender o evento que así eles non podía colaborar. Fíxate que todos os concellos tiraban para adiante e organizaban sin problema, e nós tratando de facer todo legal tivemos que supendela, son cousas incomprensibles da propia administracións, a xente ten a administración como un inimigo que non lle facilita as cousas, e é certo, pero e que dentro, a administración e inimiga da propia administración, unha ponlle zandillas a outras, todo tipo de obstáculos e non lle facilita as cousas.

 
  • QPC: Cara onde crees que debe ir encamiñada a organización de actividades no municipalismo en xeral e na nosa zona da Costa?

Cara o profesionalismo, sen ningunha dúbida, onde os concellos non sexan máis que un promotor que dea a idea do que quere facer poña os cartos e ceda a loxística municipal necesaria para que un profesional ou empresa profesional desenvolva a actividade e coordinación en personal municipal, incluso en temas de papeleo donde un profesional xa sabe cales son e antemán e incluso a oficina e traballador que llo hai que entregar en determinada administración para que che axilicen un permiso necesario. Un traballador público nin un policia local nin o xefe administrativo dun concello que é o secretario saben nin teñen capacidade para saber todas as normativas para a organización de actividades de fútbol, baloncesto, automovilismo, motos, animais, sanidade, nin que tipo de seguro é necesario, entre outros, para moitas das actividades que se fan no concello. Si son asentadas no tempo xa se sabe máis por onde andar, pero nas ocasionais é moi complicado.

Se se quere facer un evento hai que contratar unha empresa especializada que saiba de que vai o tema co concello por detrás co apoio económico necesario e os medios de que dispoña. Niso o automovilismo é modélico, todo está calculado e aprobado, e sabes de antemán o que hai que facer e o que che costa, como dixen no seguro sabes o importe, a compañía a cobertura e o día no que tes que pagar e non hai fallo, e todo o mundo implicado na proba con licencia federativa que non é máis que unha cobertura de seguro. Iso habitual de que fas unha actividade e me ven a colaborar un par de amigos voluntarios, e tres da asociación X e dous da directiva da ANPA, e tres pais dos xogadores do equipo de fútbol esta moi ben ata que hai un accidente e que alguén ten que asumir responsabilidades. Eso hai que desterralo.

É certo que en moitos aspectos e en concello con certo número de actividades xa se está traballando ben, que se mellorou moito, que practicamente están desterradas tolerias coma o que che dixen da solta de novillas de touros, festas como a do embalse que se facía en Mazaricos que era un despropósito ou Motofestas fora de todo control, que xa digo non sabes nin como tes que asegurar o tema, si tes a sorte de atopar quen cho asegure, que é moi difícil. E falas con 50 concellos e 50 policias locais e os 50 fannos de forma diferente.

A normativa tampouco axuda, e moita, de todo tipo, pouco clara, moi interpretable, e desenvolvida por abogados do estado moi preparados que foron as mellores universidades, que aprobaron as máis difíciles oposicións pero que desenvolven normas sin coñecer as cousas dos pobos das aldeas sin haberse enfrentado nunca a unha organización dun evento, e incluso solo tendo en conta as características das capitais, onde tamén influe a gran cantidade de altos cargos que chegan a un ministerio ou a unha dirección xeral a poñerlle normas a un concello cando nunca foron nin concelleiros nin alcaldes nin sequera funcionarios do estado nun concello pequeño e non coñecen nada do seu funcionamento real do día a día. Para eso as tan denostadas por moitos Deputacións, que funcionando mellor ou peor dependendo das provincias, alí están concelleiros e alcaldes xestionando para os pobos que si coñecen no dia a día.
Pero claro, calquera profesionalización costa cartos e en ocasións moitos. Pero como todo hai que valorar si a repercusión e retorno no municipio vale a pena. Eu sempre digo que non hai actividades caras se enches o pobo, hai movemento na hostelería, no comercio, nas gasolineiras, si activas a economía non hai actividades caras. Pode ser moito máis cara unha actividade de 1.000€ que unha de 10.000€.

E despois está a unión. A estas alturas xa tiña que haber unhas mesas de coordinación entre todos os concellos da Costa da Morte aínda que só fose para sentarse funcionarios de cultura, deporte e xuventude cos seus respectivos concelleiros e facer un calendario único no que non nos fixéramos a competencia uns a outros. Volvo ao automovilismo, que salvo casos moi excepcionais ou erro puntual nas programación non hai máis dunha actividade por día, non coinciden nun mesmo día un autocross cun rally, ou unha subida de montaña cun rallymix, para todos poidan ir a todos Es si coinciden, un deles cambiase de data. Pasou este ano en Santa Comba co Rallymix que se aplazou porque a federación nacional, puxo o supercampionato de España de Rallys de Terra o lado, pois non nos podemos solapar, seria unha competencia entre nos.

Aquí na Costa da Morte chegamos a ver ata tres carreiras populares o mesmo día, e incluso unha carreira popular nun concello e unha btt noutro, cando un porcentaxe importante dos usuarios das dúas especializados son os mesmos. Iso obriga a un que lle guste correr teña que descartar unha actividade para ir a outra e sempre hai un perxudicado. Unha cousa son datas tradicionais de festas que xa non queda outro remedio que coincidir pero noutras todo eso pódese evitar e en moitos casos non se evita, e ademais os novos que se incorporen teñen que respetar os que xa están. Cando se facía o festival de V de Valarés que era unha nova actividades colocouse arredor do 15 de agosto o día de máis festas do ano, e a pesar do éxito da data por si mesma en certo modo era perxudicial para todos, e con tanta proximidade perxudicaba as festas do 15 de Laxe a Xunqueria de Cee, e a eles mesmos, eran datas que había que respetar a quen as tiñas, eso era unha contraprogramación pura e dura, aínda que fora de forma inconsciente.

Fíxate agora no entroido, antes éramos todos o mesmo día e agora xa se evita iso, hai quen tira polo venres pola noite, outros polo domingo, incluso uns adiantan unha semana ou retrasan unha como a Mikaela para evitar saturación. Si tes unha comparsa e hai tres festivais en tres días podes ir os tres pero si son todos o mesmo día tes que descartar dous e eso vai en contra dos organizadores, aunque que eso difícil en datas culturais históricas, pero en deporte e novos eventos pódese evitar.

Pois eses son problemas que se están topando en grandes eventos de deportes e cultura na nosa zona por non coordinarnos entre nós. Ademais un que ven de fóra, e xa a estas alturas xa tiña que ter unha web única de eventos para a Costa da Morte onde teña todas as actividades nun calendario cunha programación feita con antelación. Imaxínate que eu son madrileño quero vir a Galicia entro nesa web en novembro e xa vexo o calenario anual de todas as rutas btt, carreiras populares e eventos varios. Xa tes unha idea aí para o teu medio jajaja, métete a facer o que non fai a administración, porque en certo modo xa o estas facendo. Aínda que tería o problema tamén a evitar de que moitas actividades se organizan enriba da data e sin moito tempo de marxen de manobra, nin sequera para publicitala ben, o que tamén nos perxudica a nós os concellos organizadores. As cousas teñen que programarse con tempo, como as voltas ciclistas, o gran fondo, e outra vez volvo ao automobilismo, o calendario anual xa se coñece a principio do mes de decembro, eso é programa, eso dalle a xente margen para organizar a súa vida e as súas vacacións ou participacións nas actividades, aínda que algunha data poda variar. Eu nese caso son moi federativo, onde hai unha federación hai organización e previsión.

Pero aquí aínda seguimos sendo moito como o anuncio de Ikea de la “república independiente de mi casa”. Énchesemos a boca de que temos no sei cantas asociacións de turismo que saimos na prensa todos os días con fotos que facemos non sei cantas accións pero que porcentaxe do sector participa nesas entidades?.

Ao final imos todos por libre, chega Fitur dáselle un bombo descomunal na Costa da Morte e cando vas ao pé de terreno en primeira fila e ves os concellos socialistas xuntos por un lado cos seus actos no pavillón de Tour España e ves os concellos populares igual pero polo outro lado en Tour Galicia. Iso non é nin unión nin coordinación, nin querer solucionar de forma real os problema, destruimos Neria entre todos e séguese cos mesmo erros.

Ademais moitos non queren ver, e está de sobra desmostrado, que a maior promoción turística nun concello, é unha boa programación deportiva e cultural. Aí si que fai anos que o ten moi claro Dumbría, pero moitos seguen insistindo e meter cartos en promoción turística, o turismo en si mesmo como concepto non existe, o turismo é atraer xente nin máis nin menos, e a xente atraese con deporte e con cultura. Ccal é o turismo de Dumbría? Quen enche a hostelería? O gran fondo, deporte, a volta ciclista, deporte, o campionato de salvamento e socorrismo, deporte, a festa da praia, deporte. Quen enche Vimianzo? O Asalto ao Castelo, cultura tradicional. Quen enche Corcubión? A feira Medieval, cultura tradicional.

Non sei a definición de “turismo” na Rae pero debera ser “o resultado de deporte+cultura+festa” e no noso caso de praias. E fíxate, moitos destos grandes eventos nin sequera están en más dos concellos, senón que forman parte da iniciativa popular, veciñal, do tecido asociativo, ou de catro pirados, porque os que empezaron a correr polas cunetas chamábanlle pirados, os que montaron as ruta dos faros igual, os que facían gincanas de coches igual.

Comentarios