Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As categorías inferiores do XSC disfrutaron do auténtico David Vidal

As categorías inferiores do XSC disfrutaron do auténtico David Vidal
David-Vidal-adestrando-cos-xuvenis-do-XSC

"Saca as mans das xarras!!!", berráballe o bo de David Vidal a un dos xuvenís do Xallas de Santa Comba. I é que o mítico adestrador galego demostrou por que é quen é. Puxo tanta intensidade como sabedoría e coñecemento na cita de Fontenla que tanto os xogadores cadetes e xuvenís do equipo xalleiro quedaron abraiados.

Un adestramento que chegaba no marco da Gran Gala do Álbum de Cromos, que tivo lugar en Santa Comba. E foi completa a xornada sabatina para o de Portosín, alternando charla en Corcubión, co adestramento e mais a participación na gala.

Os Huelvis, José, Corredoira, Rafa e Manu Roque, adestrador do Outes que quedou dende a mañá tralo partido de xuvenís, quedaron impresionados co trato que David Vidal brindou aos rapaces. De "vostede" e con gran respecto tratou aos cativos, que mesmo algún nin o coñecía. Pero de seguro que se lembran del.

Posicionou un 11 no campo, e explicoulle como deben ser os movementos defensivos ademais de imprimirlle unha intensidade espectacular.

Foi unha gran ocasión para velo como máis lle gusta, de curto e coas botas calzadas (neste caso e dado o frío xalleiro de pantalón de chándal longo e con botas de montaña, pero para o caso é o mesmo) aí, no campo de fútbol e mandando.

David-Vidal-contando-anecdotas-cos-adestradores-do-XSC-e-do-Outes O-corpo-tecnico-do-XSC-e-Manu-Roque-quixeron-sacarse-unha-foto-con-David-Vidal A-familia-do-XSC-con-David-Vidal

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios