Venres. 29.03.2024
El tiempo

A machada prehistórica de San Salvador xa repousa no Museo Terra do Xallas

Machada historica no Museo Terra do Xallas
Machada prehistórica depositada no Museo Terra do Xallas
A machada prehistórica de San Salvador xa repousa no Museo Terra do Xallas

Foi día onte de presentacións arqueolóxicas en Santa Comba. José Manuel Nieto e María del Carmen Pastoriza, veciños de San Salvador, facían unha histórica doazón. Trátase dunha machada pulimentada, atopada de xeito casual na braña “Chousa do Herbal”, da mesma parroquia.

Coa axuda do arqueólogo Lino Gorgoso valoran que pode datar de entre fai 6.000 ou 4.000 anos, xa que adoitan aparecer formando parte do enxoval dos túmiulos funerarios ou mámoas.
Contaría cun mango de madeira e sería de combate aínda que ao non ter marcas podería ser un elemento ritual.

A peza foi depositada no Museo Terra do Xallas.

Doazon da machada en Santa Comba

Comentarios