Venres. 29.05.2020
El tiempo

Mazaricos e Santa Comba continúan traballando para facer realidade a Senda do Xallas

Juan Blanco e David Barbeira
Juan Blanco e David Barbeira
Mazaricos e Santa Comba continúan traballando para facer realidade a Senda do Xallas

Un dos proxectos medioambientais máis interesantes do momento é o que une os concellos de Mazaricos e Santa Comba pola beira do rio Xallas. Unha senda que fará transitable nada menos que 64 km do emblemático río costeiro, e que conta co apoio da Deputación.

Os concellos seguen traballando para facela realidade o antes posible. Con ese obxectivo, os alcaldes de Santa Comba, David Barbeira, e de Mazaricos, Juan Blanco, mantiveron unha xuntanza na casa do concello de Santa Comba para avanzar. Segundo adiantaron ambos mandatarios, despois da presentación do anteproxecto, agora hai que facer unha memoria valorada e a redacción do proxecto, así como superar os trámites sectoriais.

Tanto Barbeira como Blanco destacaron a importancia de poder desenvolver esta iniciativa ao longo de máis de setenta quilómetros para habilitar un sendeiro visitable coa colocación paneis informativos, limpeza do traxecto e outras actuacións nun treito que conta cunha importante proxección turística.

Novas relacionadas

comentarios