Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba aposta polas sendas fluviais nas marxes do río Xallas

Santa Comba aposta polas sendas fluviais nas marxes do río Xallas
Alcaldesa de SAnta CombaA Alcaldesa de Santa Comba María Pose coa Subdirectora Xeral de Espazos Naturais da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Nieves López A Alcaldesa de Santa Comba María Pose presentou onte na Consellería de Medio Ambiente un proxecto inicial do que serán "As Sendas do Xallas", unha serie de actuacións de limpeza, recuperación, sinalización, dinamización e posta en valor de espazos singulares no entorno do Río Xallas. A rexedora solicitou a colaboración e participación do ente autonómico nesta iniciativa municipal que pretende abrir á poboación xalleira ás fantásticas posibilidades de vertebración do entorno rural e das potencialidades turística que ofrece un valor natural como é o río Xallas. A primeira fase do proxecto, a que se plantexou hoxe na Consellería, incluiría as actuacións a realizar en 3 zonas. A primeira delas, na Présa da Xesteira ( Arantón), e os espazos a carón do río que a acompañan, recuperando desta maneira unha zona de valor tanto histórico como natural. A segunda actuación sería a creación dunha senda desde a Área recreativa de Esmorode (Alón) ata a Ponte de Tapia (San Cristobo) e volta a Esmorode, onde os visitantes poidan disfrutar da Présa do Outeiro e dunha zona de Río realmente atractivas. A terceira das actuacións deste futuro plan municipal sería no entorno do Río Abuín, principal afluente do Xallas, na localidade da Illa( Freixeiro), poñendo en valor un espazo único á beira do río, con muiños, batáns e especies arbóreas autóctonas. A Alcaldesa explicou tamén á subdirectora Xeral a importancia da pesca fluvial no Río Xallas, actividade que atrae a moitos visitantes á zona. Senda fluvial do rio xallasentre Esmorode e Tapia Senda fluvial do rio Xallas entre Esmorode e Tapia

Fonte

  • Santa Comba.

Comentarios