Medallas por 25 anos de compromiso para 15 membros de Protección Civil da comarca

Membros de Proteccion Civil de Santa Comba recibindo a Medalla polos seus 25 anos de compromiso

Esta mañá de sábado tivo lugar a entrega das Medallas ao Mérito e os Distintivos de Permanencia en Protección Civil de Galicia correspondentes ao ano 2025. Ata a Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada, desprazábanse voluntarios de diferentes Agrupacións da comarca, para recibir estas distincións recoñecen o labor destacado de persoas e agrupacións e o seu compromiso co servizo público en Galicia. Durante a cerimonia entregáronse tamén placas especiais pola participación no dispositivo galego da DANA en Valencia en 2024.

O subdelegado do goberno Julio Abalde quixo destacar o mérito do traballo altruísta dos voluntarios de Protección Civil, lembrando que “o compromiso desinteresado destas persoas garante a seguridade e o benestar da cidadanía en momentos de emerxencia”.

Entre os costeiros, a máis numerosa foi a expedición da Agrupación de Santa Comba, cuios membros recibiron a súa medallas por 25 anos de compromiso e voluntariado: Francisco Abelleira Soto, Benigno Bouzada Pérez, Daniel Caamaño Gerpe, José Calvo Vilar, Juan José Carro Landeira, José Manuel Mouro Gerpe, Francisco Manuel Ordóñez Villar, Juan Vázquez Rodríguez, José Vázquez Vázquez e Manuel Vilariño Calvo.

Jorge Pose co xefe do servizo provincial de Emerxencias de coruña, Víctor Vázquez

Entre os recoñecidos atopamos a Jorge Pose, membro de Protección Civil de Cee.

Por parte da Agrupación de Carballo recibiron José Manuel Cobas Fernández, Juan Carlos García Alonso e José Manuel Menéndez Varela, mentres que tamén o fixo Rubén Díaz García, de Malpica.

Rubén de Protecion Civil de Malpica co alcalde Eduardo Parga e o Concelleiro de Seguridade Rodrigo Mato

Ademais, a AXEGA tamén quixo recoñecer ás entidades que colaboraron na DANA de Valencia como o GES de Muros, ou as AVPC de Carballo, Mazaricos e Muxía.

Máis novas