mércores. 11.12.2024
El tiempo

Un experimentado equipo de emerxencias do GES de Muros desprázase á Comunidade Valenciana

Bombeiros do GES de Muros camino de Valencia
Un experimentado equipo de emerxencias do GES de Muros desprázase á Comunidade Valenciana

Ademais dos efectivos de Protección Civil de Muxía, Carballo e Mazaricos, estes días desprázanse ata a Comunidade Valenciana un equipo de efectivos con material especializado do GES de Muros.

Concretamente dous efectivos especializados do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) do Concello de Muros saíron esta mañá para a zona afectada pola DANA. Entre eles, Miguel Montero (na foto á esquerda), un bombeiro con amplísima experiencia en misións de rescate internacionais.

Con eles levan un vehiculo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muros e un remolque do Concello de Muros; unha bomba de achique sumerxible; unha bomba de achique de gran caudal; palas; sachos; botas; mangueiras; equipos de iluminación; Epis de seguridade; escobóns; capachos; mascarillas, e guantes.

Hoxe estiveron con eles antes de partir a alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Seguridade, Sandra Maneiro. “Desde o martes pasado, no concello tiñamos claro que Muros ía estar alí axudando e colaborando cos medios que temos, pero queríamos facelo dunha forma efectiva e coordinada, planificar ben as cousas”, explica María Lago. “Quero destacar que para que os dous efectivos que mandamos poidan ir, os que quedan aquí tamén aportan suplíndoos no seu posto, aumentando horarios se é necesario, unha moi boa predisposición por parte de todos", sostén a rexedora.

Na mesma liña incide Sandra Maneiro: “Foi un operativo moi dificil de coordinar, xa que van estár alá moitos días, pero gracias a disposición tanto do Concello de Muros, como de todos os membros do GES Muros, que se ofreceron a cubrir a falta dos compañeiros durante a súa estancia en Valencia, puidose mandar este equipo”, agradecendo "que Protección Civil nos doase o vehículo”.

A alcaldesa de Muros lembra ademais que "a doazón máis valiosa que agora mesmo pode facer o concello de Muros é poñer os nosos efectivos de emerxencias a disposición das necesidades, sempre tentando traballar coordinados e en colaboración coas demais administracións implicadas”.

Máis novas

Comentarios