mércores. 04.06.2025
El tiempo

Baio foi o centro do voluntariado provincial de Protección Civil

Proteccion Civil da provincia da Coruna en Baio
Baio foi o centro do voluntariado provincial de Protección Civil

Acollía onte o concello de Zas o VI Encontro Provincial de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil de A Coruña. Unha cita que servía para facer entrega das medallas da Asociación Nacional de Asociacións de Voluntarios (ANAV) de Protección Civil.

Unha xornada para poñer en valor “o altruísmo e a implicación social fundamental que se apreza en cada emerxencia”, como destacou a subdelegada do goberno María Rivas.

Foron 139 persoas condecoradas polo seu servizo social, nun evento que tamén quixo lembrar a 5 voluntaros falecidos durante este ano, entre eles o zaseiro José Santos Antelo, o carballés José Antonio Lorenzo e o dumbriés José Martínez Cives.

A subdelegada do gobern Maria Rivas con Jose Brenlla e Lolo Muino

Distintivos de permanencia de protección civil de Galicia 2025

A xornada puxo o foco nas AVPC e grupos de GES de toda a provincia que estiveron arrimando o hombreiro en Valencia pola DANA, como a AVPC de Mazaricos, Carballo e Muxía así como aos bombeiros do GES de Muros.

A nivel individual, estes foron os distintivos a voluntarios da comarca:

  • José Manuel Cobas Fernández (Carballo)
  • Juan Carlos García Alonso (Carballo)
  • José Manuel Menéndez Varela (Carballo)
  • Jorge Juan Pose Pose (Cee)
  • Eduardo Rubén Díaz García (Malpica)
  • Francisco Abelleira Soto (Santa Comba)
  • Benigno Bouzada Pérez (Santa Comba)
  • Daniel Caamaño Gerpe (Santa Comba)
  • José Calvo Vilar (Santa Comba)
  • Juan José Carro Landeira (Santa Comba)
  • José Manuel Mouro Gerpe (Santa Comba)
  • Francisco Manuel Ordóñez Villar (Santa Comba)
  • Juan Vázquez Rodríguez (Santa Comba)
  • José Vázquez Vázquez (Santa Comba)
  • Manuel Vilariño Calvo (Santa Comba)

entrega medallas proteccion Civil en Baio

 

Comentarios