Novos equipos de comunicación para varias agrupacións de Protección Civil

A Deputación da Coruña vén de realizar a entrega de novos sistemas de comunicacións a doce organizacións de Protección Civil da provincia ao abeiro do programa de subvencións dirixido a agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios e voluntarias que pertencen a concellos de menos de 50.000 habitantes. As entidades beneficiarias da zona son as de Zas, Xallas (Santa Comba), A Laracha, Corcubión, Camariñas e Coristanco xunto coas de Carral, Porto do Son, Curtis, Ames, Miño e Boiro.
A deputada Cristina Capelán fixo entrega dos equipos nun acto que se celebrou no pazo provincial e no que destacou o compromiso da Deputación co labor imprescindible que realizan os voluntarios e voluntarias á hora de atender emerxencias e de que a práctica totalidade de eventos que contan cunha alta participación de persoas se desenvolvan en condicións de seguridade.
O material que lles acaba de proporcionar a institución provincial consta de catro walkie talkies e un repetidor portátil para cada unha das 12 agrupacións. Con eses equipamentos, garantiranse unhas comunicacións. A Deputación investiu na súa adquisición 61.666,44 euros.