Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha persoa ferida tivo que ser excarcerada tras sufrir un aparatoso accidente en Santa Comba

Accidente en Santa Comba
ASsí quedou o Audi TT trala excarcelación
Unha persoa ferida tivo que ser excarcerada tras sufrir un aparatoso accidente en Santa Comba

Esta pasada madrugada, preto das 3:00h, tivo lugar un accidente en Santa Comba, na AC-546, á altura do punto quilométrico 14,700. Un vehículo saíase da vía e o condutor ficaba atrapado. Ata o lugar chegaban os Bombeiros de Santa Comba para liberar á persoa do interior do turismo. Unha vez excarcerado, o ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago polos profesionais sanitarios. Non faltaron os voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Asi quedaron os contedores de lixo tralo accidente
Así quedaron os contedores de lixo tralo accidente

Comentarios