Os produtos da granxa do Capelo, directos de Santa Comba á praza de Abastos de Santiago
Caras coñecidas as dos Capelo no Fútbol da Costa. Darío Capelo, o fillo, este ano xoga no Negreira, pero ata o ano pasado estivo no Dumbría, e mesmo ten xogado no Xallas. Moi coñecidas son as súas faltas e longos zurdazos que o levaron mesmo a formar na Selección da Costa. pero tamén o son os seus chorizos.
A familia ten unha granxa ubicada na A Pereira (Santa Comba, A Coruña). Levan máis de 30 anos dedicándose ao vacún e veñen de tomar o relevo da coñecida carnicería Esteban, que por mor da xubilación deixaba un oco na prezada Praza de Abastos de Santiago de Compostela.
Este pasado sábado, os Pedro Capelo, María José e Darío, facían a inauguración oficial do posto no mercado, cun sorteo e todo, poñendo en valor o seu lema. “Da granxa a túa casa”. “Velamos polo coidado dos animáis para poder ofrecer o mellor produto de forma sostible”, declara Darío Capelo.
Ademais de venda directa, tamén dispoñen de servizo de entrega para outros negocios, fundamentalmente, hostaleiros.