Venres. 19.04.2024
El tiempo

Santa Comba axuda a sacar a ESO e as Competencias Clave

cursos santa comba
Santa Comba axuda a sacar a ESO e as Competencias Clave

A importancia de ter os títulos básicos para a inserción laboral é indiscutible. De aí que o Concello de Santa Comba se esforce en axudar a sacar certas titulacións.

Agora en febreiro, comeza un curso de axuda para poder examinarse e sacar o título da ESO, que se imparte polas tardes no Edificio Multiusos.

Ademais, abre o prazo tamén para os cursos preparatorios para sacar as Competencias Clave, unha titulación paralela que é requisito para os novos certificados de profesionalidade. A inscrición se pode facer na web municipal (www.santacomba.es ou no 981 81 87 10.

Comentarios