Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Santa Comba e Carnota, os valores extremos do paso da borrasca

Imaxe do Rio xallas desbordado ao seu paso por Santa Comba o pasado novembro
Imaxe do Rio xallas desbordado ao seu paso por Santa Comba o pasado 5 de novembro
Santa Comba e Carnota, os valores extremos do paso da borrasca

Volve aparecer Santa Comba no máis alto da clasificación de Valores Extremos de Meteogalicia. A estación de Fontecada rexistrou unha caída de 72.6 litor por metro cadrado no día de onte tralo paso da activa borrasca sen nome.
Outros municipios que roldaron os 30 litros de auga por metro cadrado foron Lousame e Carnota.

Tamén houbo duros refachos de vento, sendo a estación de Lira, en Carnota, a que rexistrou o refacho máis forte da xornada en Galicia: 123 km/h. Tamén chegou ao top5 a estación da Gándara (Vimianzo), con 106,6km/h.

Mañá será un día máis seco, pero as chuvias volverán para a ponte.

Máis novas

Comentarios