As chuvias provocan inundacións en varios puntos da comarca
No podio dos valores extremos de Galicia atopamos a estación da Gándara, en Vimianzo, que onte rexistraba uns valores de recollida de auga de 94.7 Litros por metro cadrado (unha barbaridade, aínda que lonxe da cifra de Lousame, de 157,4l/m2), e un dos refachos de vento máis fortes da xornada, de 93.1 km/h.
Os datos de antonte aínda foron máis impactantes coa estació de Fontecada (a de Santa Comba sempre está no podio) rexistrando 128 l/m2, a de Mazaricos 120, e a de Coto Muiño (Zas), 105 l/m2.
Así quedou tamén o val de Salto, en Vimianzo, absolutamente anegada, como acostuma, polas crecidas do río Castro.
Cifras que provocaron anegamentos, outra vez no río Xallas, onde a apertura do encoro da Fervenza (cheo ata os topes) provocou estampas como as da semana pasada.
Cóntanos o amigo Plácido que dende o inverno 89-90 non vía así o Gran río Xallas así. Esta mañá fai un delta xa na praia do Ézaro de uns 300 mts de ancho cando habitualmente non pasa dos 60.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) November 14, 2023
Impresionante!! pic.twitter.com/SnuZ0fMqki
PREVISIÓN
Segundo Meteogalicia, esta tarde pararán as chuvias e pode que mañá haia unha xornada con pouca agua, sobre todo pola mañá.