Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba presenta un ambioso Plan Estratéxico para humanizar a vila

Presentacion do Plan Estratexico de Santa Comba
Santa Comba presenta un ambioso Plan Estratéxico para humanizar a vila

Este pasado xoves 11 de abril, a alcaldesa de Santa Comba María Pose facía a presentación oficial do chamado Plan Estratéxico de Santa Comba. Un documento que mete á vila xalleira na vangarda das vilas galegas en materia de ordenación e dinamización.

O arquitecto e redactor do Plan, José Luís Sánchez-Agustino, explicou os grandes retos, obxectivos e proxectos de actuacións que Santa Comba ten pensado impulsar nos vindeiros anos, poñendo o ollo ata o 2023. “Santa Comba ten plan para a seguinte década”, sinalaron.

A reparación das innumerables incoherencias urbanísticas é un dos obxectivos prioritarios deste Plan, que traza o rumbo para facer unha ordenación integrada, e sinala 36 actuacións e invervencións concretas en 20 rúas.

María Pose insitiu: “Este PE deixa postos os cimentos do futuro urbanístico de Santa Comba e resolve problemas actuais como o tráfico, os atascos ou a velocidade; e reordena o aparcamento en todas as rúas”.

O plan tamén “introduce solucións para recuperar o núcleo tradicional de Santa Comba e formula un modelo de vila no que se dá un salto para un futuro organizado e mellor”.

”Un proxecto de idea global para humanizar unha Santa Comba”

Para Pose, este é un documento fundamental. “Partimos dun concello no que non hai unha formulación de futuro, cun núcleo urbano mal definido, con problemas de circulación, aparcamentos e poucos espazos para o peatón. Este proxecto vén a paliar todos estes problemas, buscando humanizar o pobo, facelo accesible, agradable, buscando peatonalizar e recuperar a identidade de edificios singulares para dinamizar o pobo, a economía e facelo un referente comarcal. Un proxecto de idea global para humanizar unha Santa Comba que nun futuro todos poidamos disfrutar”.

Adxectivos da nova Santa Comba

Ordenada (creación de rotondas para unir o ensanche coas vías principais, ordena a circulación para favorecer a mobilidade, ordena o equipamento urbano…), accesible (as rúas volverán ser “propiedade” do peón, ampliando as aceras, poñendo pasos de cebra elevados…); moderna (pavimentos continuos, instalacións eléctricas soterradas, separacións de pluviais e residuais…); amable (peonización de varias rúas, con uso mixto por horars…); ecolóxica e equipada (sistemas de iluminación modernos e de baixo consumo), segura (reducirase a velocidade dos coches); son algúns dos adxectivos que utiliza o PE para a nova Santa Comba.

Novas relacionadas

Comentarios