Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Santa Comba reforma o sistema de climatización da piscina de Fontenla

Santa Comba reforma o sistema de climatización da piscina de Fontenla

A piscina climatizada de Santa Comba presentaba deficiencias serias que aconsellaban unha posta a punto que permitise ós usuarios o seu disfrute con todas as garantías de cara o inverno.

O Concello de Santa Comba ven de adxudicar o proxecto para a reforma do sistema de climatización na piscina municipal ubicada no complexo deportivo de Fontenla con un financiamento que se reparte entre o propio Concello, que sufragará o 20%, e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que aporta o 80% restante.

Presentáronse á licitación oito empresas, gañando o concurso finalmente Esqueiro SL con un importe de 70.995,45 euros co IVE.

O adxudicatario deberá certificar a obra con antelación suficiente ó 2 de novembro de 2022 xa que nesa data deberá estar xustificada an Secretaría Xeral para on Deporte.

Comentarios