Santa Comba saca o orgullo polos seus maiores

Son estas festas dos maiores a clara demostración do proceso de envellecemento que está sufrindo o noso país. Sempre por estas datas, o Concello de Santa celebra a súa anual Festa dos Maiores. Desta volta foron unhas 1.300 persoas as que se achegaron este sábado ao recinto feiral de Santa Comba.
A xornada comezou cunha misa oficiada polo párroco Eduardo Prado, o cura que cambiou a Igrexa xalleira, amenizada pola coral parroquial.
Posteriormente houbo unha rolda de intervencións protagonizadas pola Conselleira de Política Social, Fabiola García, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose e pola concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín, que estiveron acompañadas por membros da corporación e polo alcalde do concello da Baña. A alcaldesa destacou o orgullo que sinte polos seus maiores
Despois chegou o xantar composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro e postre. E non faltou a actuación do dúo Élite para promover un baile que estivo moi animado.
Novas relacionadas
- O cura que cambiou a Igrexa de Santa Comba.
- Abril 17: 1.200 persoas disfrutaron da Festa dos Maiores de Santa Comba.
- Marzo 15: Santa Comba celebrou unha fin de semana de música e maiores.
Máis novas
- Abril 2017: O número de nacementos anuais leva estancado 20 anos na Costa da Morte.
- Cales son os apelidos máis típicos do teu concello?.
- Dos María del Carmen e José Manuel, aos Noa e Mateo. A evolución dos nomes na Costa da Morte.
- Marzo 2017: A Costa da Morte perderá un 18% da súa poboación nos vindeiros 15 anos.
- Outubro 2016: As defuncións seguen superando os nacementos.
- As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
- O 65% das 9.000 empresas da Costa son do sector Servizos.
- 2012: Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte.