xoves. 19.02.2026
El tiempo

Persoal, veciñanza, CIG e BNG concentráronse en demanda de solucións para o  Centro de Saúde de Santa Comba

 

Concentracion do BNG e CIG no Centro de saude de Santa Comba 2
Concentracion do BNG e CIG no Centro de saude de Santa Comba 2
Persoal, veciñanza, CIG e BNG concentráronse en demanda de solucións para o  Centro de Saúde de Santa Comba

Tivo lugar esta mañá de xoves 19 de febreiro unha concentración para demandar, unha vez máis, solucións ao lamentable estado en que se atopa o Centro de Saúde, en risco tanto para as persoas usuarias como para as traballadoras. Persoal do Centro de Saúde e persoas usuarias uníronse á chamada a CIG-Saúde, que asintían acompañados por representanes do BNG

Dende o BNG de Santa Comba, o voceiro Juan Sixto lamenta que, a pesar das reiteradas denuncias públicas e iniciativas presentadas tanto no Concello como no Parlamento Galego, o Centro de Saúde "continúa a estar en condicións lamentábeis que poñen en cuestión tanto o propio goberno municipal como ao goberno da Xunta xa que, como se ve, desatenden unha infraestrutura básica e descoidan tanto á veciñanza como ás persoas traballadoras". 

Ás reclamacións do BNG súmase á que a CIG dirixiu recentemente á xerencia da Área Sanitaria de Compostela e Barbanza na que lembran que existe unha comunicación de risco laboral detectado. A comunicación foi remitida ao concello de Santa Comba e versaba sobre as deficiencias nos equipos e nas instalacións por incumpriren a normativa e xeraren riscos engadidos, ademais dun informe específico sobre a sala de caldeiras. Engadiuse tamén unha proposta de requirimento por parte da Inspección de Traballo para que se solucionen os problemas. Polo de agora, non houbo ningunha reacción por parte das institucións implicadas. 

Moito frío

Nunha visita realizada o 4 de febreiro, representantes da CIG explicaron que os 12ºC do Centro de Saúde son "totalmente intolerábeis" e afectan tanto á capacidade asistencial e ao benestar de persoas traballadoras como ao das usuarias.
Ademais, urxiran, segundo destacaron, máis persoal de Servizos Xerais e solucionar os fallos detectados na instalación eléctrica que supoñen riscos engadidos nas instalacións. 

O portavoz municipal do BNG, Juan David Sixto, insiste en que  "Santa Comba merece uns servizos públicos de calidade e o BNG esixe as melloras necesarias no centro de saúde" e lamenta a "inoperancia dun goberno municipal que dá as costas a veciñanza do concello". 

 

Comentarios