Sábado. 27.04.2024
El tiempo

As parrilladas do alcalde de Coristanco

As parrilladas do alcalde de Coristanco
Parrilladas do alcalde de Coristanco

Uns 600€ ao mes en comidas, parece unha cantidade bastante grande. Así o entende o BNG de Coristanco, que vén de comprobar as facturas en comidas do rexedor coristanqués Antonio Pensado. Unha cifras que o grupo da oposición considera “escandalosas”.

A imaxe resume as facturas deste tipo das que se deu conta no pleno do mes de xaneiro. Non é un fenómeno novo, xa existiran no pasado, e en novembro xa chegaran a un punto esaxerado (máis de 600 euros), pero no pleno de xaneiro a cifra subiu (máis de 900 euros).

Destaca tamén o grupo da oposición “o alto importe de cada unha das comidas (que oscilan entre os 70 e os 100 euros), o que dá a entender que non só o alcalde se paga as súas comidas a conta do erario público (a unha media de máis de unha por semana), senón que convida a terceiras persoas a conta de todos/as”.

O BNG presentará unha moción no próximo mes de marzo cun dobre obxectivo. Pedirá ademais a devolución do diñeiro ás arcas municipais, e que sexa o alcalde quen aboe as facturas do seu peto. Pero é que van máis alá, e sen querer darlle valor aos rumores, piden que “o alcalde de Coristanco aclare a situación para desmentir os rumores que circulan pola localidade, e que apuntan a que estas comidas nunca se produciron, senón que se trata dunha fórmula pactada para silenciar posibles novas denuncias en materia urbanística”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do BNG de Coristanco.

Comentarios