Sábado. 20.04.2024
El tiempo

400 palilleiras de todo o norte peninsular xuntáronse en Vimianzo

Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo
A foto é moi semellante ás da antes da pandemia
400 palilleiras de todo o norte peninsular xuntáronse en Vimianzo

Vimianzo acolleu este sábado, 13 de novembro, a XIV Xuntanza de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación de Palilleiras “As Nemanquiñas”, que volvía tras un ano de parón. Foron case 400 palilleiras chegadas de toda Galicia (Viveiro, Sarria, Lugo, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Ribeira Sacra, A Coruña, Boiro, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Paderne Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Camariñas, Vimianzo…), e inclusive de Cantabria.

O pavillón foi un fervedoiro dende as 10:30 ata as 19:00h, e o palillo compartiu protagonismo co xantar de confraternización e as conversas.

Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo 2

Acodiron os representantes do goberno local, a alcaldesa Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura Rosa Blanco; o concelleiro de Deportes Mario Andújar; a deputada provincial de Educación, Sandra González; os integrantes da corporación Marta Rey, Francisco Calzas e Raquel Rodríguez; a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; a concelleira do Encaixe do Concello de Camariñas, Encarna Liñeiro; e parte da directiva da Asociación As Nemanquiñas: Mariví, Silvia e Mercedes.

Comentarios