Xoves. 10.10.2024
El tiempo

500 persoas poderán disfrutar da Cea Medieval dos 20 anos de Asalto ao Castelo

500 persoas poderán disfrutar da Cea Medieval dos 20 anos de Asalto ao Castelo
Cea Medieval no foxo do Castelo de Vimianzo

Xa temos data para a gala Casting. Agora toca pensar tamén na Cea Medieval que se celebra o venres 3 de xullo, na véspera do día grande do Asalto ao Castelo de Vimianzo, reúne a centos de persoas no foso da fortaleza para comer pratos da época irmandiña e coller folgos antes de tomar a fortaleza. É sen dúbida un dos momentos máis agardados da celebración e no que moita xente lamentablemente ten que quedar fóra debido ao aforo limitado do recinto histórico. Este ano, como momento especial na conmemoración da vixésima edición do Asalto, a organización decidiu ampliar a 500 comensais como máximo a capacidade.

Ademais da cea e do espectáculo durante a mesma, ao remate (á unha da madrugada) abriranse as portas do foso ao público en xeral para poder asistir aos espectáculos teatrais e musicais.

Ao igual que o ano pasado, este será o sistema de venda de entradas (prezo de 25 €) para a VI edición da Cea Medieval:

  • 1) Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores. Este prazo rematará o 31 de maio. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 2 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a Diego Hermida ([email protected] ou 660 755 517).
  • 2) A partir do 1 de xuño e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres, cun tope máximo de 500. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. As entradas tan só se poderán obter a través do portal de venda online www.ataquilla.com.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios