56 nenos xa disfrutan dun gran Vimiverán


O Concello de Vimianzo inauguraba esta mañá de luns 16 de xullo o campamento urbano Vimiverán para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Un total de 56 inscritos que gozarán dunha semana de actividades culturais e deportivas.
As actividades levaranse a cabo todos os días de 10 a 14 horas nas que os participantes gozarán de actividades na piscina, xogos en pista, manualidades, piragüismo, tiro con arco, etc.
O xoves día 19 será un día especial e o campamento durará todo o día e toda a noite, xa que os nenos e nenas pasarán a noite no pavillón polideportivo acompañados polos monitores.
A clausura do campamento será o martes, martes 24 de xullo, para o que os monitores organizarán un guateque dos anos 60.
A semana seguinte, desde o 30 de xullo ao 3 de agosto, terá lugar o Pequecampamento Vimiverán para nenos e nenas entre 3 e 5 anos, no que aínda está aberta a inscrición gratuíta.
Novas relacionadas
- As Escolas de Verán do CDM Piragüismo Dumbría chegan a Zas, Vimianzo, Ponteceso, Cee e Muxía.
- O Centro socio-cultural de Baíñas abre a súas portas.