A Asociación Neira-Marcos de Salto prepara a homenaxe a Teresa Mouzo


A Asociación Neira Marcos de Salto prepara numerosas actividades para os próximos meses. A primeira será a Cea de Antroido anual no Restaurante A Lagoa. Pero tamén apuntan a Homenaxe a Teresa Mouzo, que fora socia fundadora e un Obradoiro de cociña.
Cea de Antroido
Van celebra-la cea anual de socios no restaurante “A Lagoa”. Tódolas persoas que queiran asistir terán que apuntarse coma sempre co persoal da asociación e teñen de prazo ata o martes 1 de marzo.
A cita será o sábado 5 de marzo, a partir das 21:30h no Resturante A Lagoa. O Prezo será de 20€ para adultos e 12 para nenos.
Ademais, como este ano a data de cea-baile coincide con Entroido, tedes que animarvos a vir disfrazados, todos, tanto nenos como adultos! Haberá premio para os mellores disfraces!!!
Homenaxe a Teresa Mouzo
A fermosa homenaxe á socia fundadora da asociación será o domingo, 20 de marzo na Casa de Cultura de Vimianzo a partir das 16:00h e no marco do Programa Cultural do Concello. A homenaxe incluirá teatro, actuación do coro, baile rexional, e algunha sorpresa máis.
Curso de Cociña
Tódalas persoas que queiran participar nesta actividade tanto de oínte como de colaboradores nas receitas deben anotarse co persoal da asociación entes do día 19 de marzo.
O Curso comezará o venres, 25 de marzo no Salón Parroquial de Castromil ás 21:00 h.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.