Xoves. 25.04.2024
El tiempo

5 meses de Teatro no Auditorio de Vimianzo

5 meses de Teatro no Auditorio de Vimianzo
Nova tempada de teatro no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo. Así nos informa o Departamento de Cultura do concello vimiancés, i é que dende este mes de febreiro e ata o mes de maio o teatro invadirá a Casa da Cultura. Son varias as sesións especiais, e teremos a posibilidade de ver a última obra de Talía Teatro, a o mesmo Cándido Pazó, ou os grupos de teatro do propio concello, como a o Grupo de Teatro de Pasarela, que porá o borche final ao programa. Pero unha das sesións máis emotivas será a que protagonice no mes de maio Teresa Mouzo Barreiro, falecida en novembro de 2009, que recibirá unha homenaxe dos veciños da Asociación Neira Marcos de Salto, da que foi socia fundadora. Ademais, hai que destacar que durante o mes de maio a Casa da Cultura acollerá a exposición de traballos dos grupos das escolas Municipais.

Programa Febreiro - xuño 2011

* Os espectáculos das 18:30h son para todos os públicos e os a 20:00h non recomendados para menores de 13 anos.

Febreiro 2011

  • Domingo 13 - 20:00h - Aula de Teatro da USC: !Historia de Pura e Angelita. Pequeño Divertivemento Mordaz".
  • Sábado 19 - 18:30h - Compañía Trinke Trinke: "Unha de Ratas de Biblioteca".
  • Domingo 20 - 20:00h - Obras Públicas: "Life is a Paripé".
  • Domingo 27 - 18:30h - Panamesiana Teatro: "Oh Que bonito é Panamá".

Marzo 2011

  • Domingo 6 - 20:00h - Teatro Badius: "Xoo... Ante o perigo".
  • Domingo 13 - 20:00h - Mariclown: "A vida de Rosa...Día tras día".
  • Sábado 19 - 18:30h - Compañía Trinke Trinke: "Os Ratos da Biblioteca e a noite".
  • Domingo 20 - 18:30h - Homenaxe da Asociación Neira Marcos de Salta a Teresa Mouzo.
  • Domingo 27 - 20:00h - Candido Pazó: "Memoria das Memorias dun Neno Labrego".

Abril 2011

  • Domingo 3 - Títeres Tanxarina: "Os Narigudos".
  • Domingo 10 - 20:00h - Teatro del Andamio: "Un Corazón perfecto".
  • Sábado 16 - 18:30h - Biblioteca: Compañía Trinke Trinke: "Os Ratos da Biblioteca e a noite".
  • Domingo 17 - 20:00h - Teatro de Adro: "Ai Carmela".

Maio 2011

  • Domingo 1 - 20:00h - Malasombra: "Go on!"
  • Domingo 8 - 18:30h - Talía Teatro: "Carta Urxente a Máximo Toxo".
  • Sábado 14 - 18:30h - Biblioteca: Compañía Trinke Trinke: "Os Ratos da Biblioteca e a noite".
  • Domingo 15 - 20:00h - Teté Teatro de Salto: "Onde estás mamá?"
  • Martes 17 - 18:30h - Escola de Teatro de Vimianzo: "A Verdadeira historia da Carapuchiña vermella", "Espadas, espadas, espadas", Carantoña.
  • Domingo 29 - 20:00h - Grupo de Teatro de Vimianzo: "A instituta", "O Oso", "Petición de man" e "Demanda ó banco".

Xuño 2011

  • Domingo 5 - 20:00h - Grupo de Teatro de Berdoais: "O médico a paos".
  • Domingo 12 - 20:00h - Grupo de Teatro de Pasarela: "Contos e Retrancas da Seguridade Social".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios