A avespa asiática chega a Costa da Morte
Xa están aquí. A avespa asiática (Vespa velutina) aterrou na Costa da Morte. Uns veciños de Vimianzo envíanos esta foto dun exemplar atopado no monte de Castrelo. Aseguran que estaba matando as abellas da casa.
Son uns dos primeiros veciños da nosa bisbarra que sofren a voracidade dos insectos. Malia que se alimentan nun 80% de abellas, moitos labregos aseguran que ata lle comen as mazás, polo que se dispoñen a tomar todas as precaucións posibles.
Están atentos aos seus espectaculares niños, que chegan a medir 1,5 metros de diámetro acollendo a preto de 2.000 individuos.
Movemento en toda Galicia
Apicultores, ecoloxistas e entidades agrarias de toda Galicia están en plena loita contra a invasión da avespa asiática. Xa van máis de 20.000 ataques rexistrados en Galicia dende a súa entrada no 2012. Comezou pola Galicia costeira (a Costa da Morte parece que safou ata agora) e xa se está adentrando por vales dos ríos, vías do tren…
Son moitas as xornadas informativas e probaturas que se están a desenvolver. Por exemplo, a Asociación Galega de Apicultura (AGA) está realizando sesións informativas e este vindeiro venres 29 de agosto estarán ás 19,00horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Estarán tamén no IES Rosalia Castro de SAntiago de Compostela, o día 5 de outubro ás 11:00 h no VII Congreso Apícola Hispánico.
Polo sur da provincia de Pontevedra os apicultores están a combatela cunha trampa caseira, feita cunha botella de plástico chea de viño, cervexa e mesmo mel:
Máis información
- GC agro: As colmeas galegas xa rexistraron máis de 20.000 ataques da avespa asiática.
- Asociación Galega de Apicultura (AGA).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).