A Cherinkas prepara o campionato de frontenis XIV Roland Esgarros

09:55 23/06/11

A A.X.Cherinkas de Vimianzo, ademais de seguir na preparación do Asalto ao Castelo, ten tempo para o deporte. A asociación xuvenil abre o prazo para inscribirse no XIV Torneo de Frontenis ROLAND ESGARROS, tanto na categoría masculina como na feminina, a celebrar durante os meses de xullo e agosto.
A inscrición, gratuíta, deberá formalizarse no 620 596 459. O prazo de inscrición remata o día 29 de xuño (data do sorteo). Como é costume, a competición iniciarase o 1 de xullo.
Haberá que ver se Míchel e Pamela non seguen abusando logo de 3 anos de vitorias.
Novas relacionadas
- Coñecendo aos malos do Asalto cun novo vídeo da Cherinkas.
- Programa do Asalto ao Castelo de VImianzo.
- Roland Esgarros 2010: Míchel e Pamela non perdoan no Roland Esgarros da Cherinkas.
- Rolan Esgarros 2009: Míchel e Pamela repiten e gañan de novo o Rolland Esgarros da Cherinkas.
- Rolan Esgarros 2008: Pamela e Míchel, campións da XI Edición de frontenis Roland Esgarros.
Fonte
- Nota de prensa da Cherinkas.