Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Compañía Exire, prepara o seu novo espectáculo en Vimianzo

Exire Teatro en Vimianzo
Exire Teatro armando o seu espectáculo Médula no Auditorio de Vimianzo
A Compañía Exire, prepara o seu novo espectáculo en Vimianzo

O Concello de Vimianzo forma parte do programa de residencias artísticas de compañías galegas que están a traballar nas súas novas propostas escénicas. 

A iniciativa acolle a compañías de teatro e danzas nas instalacións municipais, usualmente o Auditorio de Vimianzo, para que poidan ultimar os seus espectáculos que, na meirande parte dos casos, compartirán despois co público. 

Esta semana estiveron de "concentración" soneirá os integrantes de Exire, que prepararon a estrea de Médula en coprodución con Artestudio Xestión Cultural, Centro Coreográfico e o AGADIC. A estrea da obra terá lugar mañá, venres 21 de febreiro ás 20:30 no Teatro Rosalía da Coruña.

Comentarios