A Cruz Vermella de Vimianzo abre o Campaneo para Semana Santa


A Asemblea Local de Cruz Vermella en Vimianzo desenrolará durante a Semana Santa unha nova edición de “Campaneo”, que terá lugar o luns 10 e o mércores 12 de abril, en horario de 10:00 a 13:30, e o martes 11 de abril, de 10:00 a 18:00.
Nesta ocasión, as actividades planificadas van dende as manualidades ata as gymkanas e excursións. Serán os voluntarios, as voluntarias e as técnicas de Cruz Vermella Vimianzo as que se encargarán de organizar as actividades e xogos dos campamentos, sempre tendo en conta as idades dos nenos.
Algúns dos obxectivos son aprender xogando, educar en valores, desenrolar a creatividade e promover o coidado do medio ambiente. Así mesmo, é unha maneira de posibilitar a conciliación familiar.
O campamento dispón dun número total de 25 prazas e a data límite para inscribirse é o xoves 6 de abril. Para máis información ou inscricións, contactar de maneira presencial coa Asemblea de Cruz Vermella Vimianzo, no teléfono 981 71 71 36 ou no correo electrónico gavimianzo@cruzroja.es.
Fonte
- CR.