A Cruz Vermella de Vimianzo busca voluntarios para o programa de apoio escolar
08:05 22/09/17
As actividades levaranse a cabo os martes e os xoves de 17 a 19 horas
A asamblea local da Cruz Vermella de Vimianzo busca voluntarios e voluntarias para poñer en marcha o proxecto de "Promoción do Éxito Escolar". Este programa ten como obxectivo proporcionar apoio escolar, así como facilitarlles a merenda, a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos que presentan dificultades no seu proceso escolar e que pertencen a familias en situación de risco de pobreza e exclusión.
Os únicos requisitos para ser voluntario ou voluntaria é ser maior de 18 anos, ser unha persoa con motivación na área de infancia e xuventude, ter capacidade de adaptación e flexibilidade, ter habilidades sociais e estabilidade emocional. Entre as súas funcións está a de dar apoio na realización das tarefas escolares, facilitar o seu acceso a servicios e recursos que lle axuden a mellorar o seu rendemento escolar e colaborar no servizo de merendas. As actividades levaranse a cabo os martes e os xoves de 17 a 19 horas.
Ademais de actividades de acompañamento educativo realizanse outras actividades complementarias cos participantes que promoven a educación en valores, ocio e tempo libre, así como hábitos de vida saudables. As persoas interesadas poden pedir máis información na Asemblea de Cruz Vermella de Vimianzo (C/ A Torre, nº 5), no teléfono 981 717 136 ou no correo electrónico gavimianzo@cruzroja.es.
Novas relacionadas
- A Cruz Vermella de Vimianzo axudou durante o 2016 a 122 persoas
- Os maiores de Vimianzo poden aprender a usar o ordenador coa Cruz Vermella
- A Cruz Vermella de Vimianzo propón un Curso de Mobilización de Pacientes
- A Cruz Vermella organiza en Vimianzo un curso de primeiros auxilios en bebés e nenos
- Cruz Vermella expón a mostra “En familia, por dereito” na casa da Cultura de Vimianzo
- Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
- A Cruz Vermella de Vimianzo fomenta a sensibilización nos centros educativos
- 2016: A Cruz Vermella de Vimianzo atendeu en 2015 a 182 persoas da bisbarra
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cruz Vermella Vimianzo