Luns. 13.07.2020
El tiempo

A cultura tamén invadíu un Vimianzo que pedirá que o Asalto sexa Festa de Interese turístico

A cultura tamén invadíu un Vimianzo que pedirá que o Asalto sexa Festa de Interese turístico

Xa fumos de sendeirismo co Concello vimiancés ata Camariñas, e hoxe, cambiamos espazos abertos polo auditorio da Casa da Cultura. Pero antes, destacamos que o Pleno vimiancés aprobou por unanimidade solictar a Xunta a Declaración do Asalto ao Castelo de Festa de Galicia de Interese Turístico. Unha grande nova para Vimianzo, a comarca de Soneira e toda a Costa da Morte.

Pero voltamos a facer repaso cultural da fin de semana. I é que as actividades foron vairadas, e de calidade. O teatro, o baile e a danza foron as protagonistas.

Teatro co Grupo de Salto

O sábado o Grupo Teté Teatro de Salto conseguiu encher o auditorio de público ansioso por asistir á posta en escena da peza teatral Un asilo para mamá, unha divertida obra que arrincou o riso dos presentes en numerosas ocasión que aplaudiron a actuación dos actores e actrices de Salto e Tines
45 minutos moi entretidos e divertidos nos que o Grupo Teté Teatro tivo a oportunidade de demostrar o traballo realizado durante o ano nos ensaios da man do director Toño Casais, de Talía Teatro. Un grande éxito de actuación e de público par aeste grupo encargado de romper o xeo e abrir as clausura da escola de teatro. Os seguintes en subir ao escenario da Casa da Cultura serán os actores e actrices de Pasarela, o vindeiro domingo día 3 de xuño, coa obra Lencería fina.

Nova vimiancesa de Danza

O domingo foi a quenda da escola de danza, cun auditorio que quedou pequeno para acoller ao numeroso público que se achegou para asistir á clausura de baile galego, cos alumnos e alumnas da escola de baile de Vimianzo, de Salto e Pasarela, e de baile de salón da escola de Vimianzo e exhibición dalgúns bailaríns da Escola Arte e Movemento.

Os encargados de romper o xeo foron os nenos e nenas da escola de baile tradicional de Vimianzo, da que se encarga a Asociación Trubisquiña, unha actividade que comezou este ano e que conta cunha gran participación de alumnado. Seguíronlle os bailaríns e bailarinas, pequenas e medianas, do grupo Foliada de Salto, con varias pezas de baile galego, ensaiadas pola profesora Paula Mouzo. A continuación os pequenos e medianos do grupo Airiños do Río Grande, de Pasarela, tamén da man de Paula Mouzo, que deleitaron aos presentes con varias pezas de baile galego. Pechou a primeiro bloque de actuacións o grupo de adultos da escola de baile de Vimianzo, tamén da man da Asociación Trubisquiña, con dúas pezas tradicionais.

A continuación comezou a exhibición de baile de salón cos alumnos e alumnas do grupo de iniciación, os primeiros en enfrontarse ao público. Seguiron as parellas do grupo avanzado con outras dúas actuacións. A Escola Arte e Movemento, encargada de impartir baile de salón na escola de Vimianzo, rematou a exhibición con tres parellas que compiten nesta especialidade nas máis altas categorías.

Unha tarde de aplausos e emocións que pechou o alcalde, Manuel Antelo, con agradecementos a bailaríns e profesores, a gran participación de público, o que demostra que vale a pena investir en cultura e que "en Vimianzo podemos estar moi orgullosos do noso".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios