Unha Gala-Casting para escoller aos Irmandiños que asaltarán o Castelo

09:30 22/05/12

Xa comezou a maquinaria do XVII Asalto ao Castelo de Vimianzo 2012. E para poñelo en marcha, que mellor que unha gala, onde ademais de presentar as novidades, o cartel, a camisola, os vídeos promocionais... realizarase un casting para escoller o plantel de actores que farán a representación da loita entre nobles tiranos e heroes irmandiños, o punto cumio da festa.
Para iso, a organización vai celebrar o próximo 2 de Xuño de 2012 unha gala aberta a todo o público. O lugar escollido para tal ocasión será o Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo. O horario: as 22:00h.
Se queres participar activamente no Asalto, ou se simplemente queres ollar a que están argallando estes da Cherinkas e da Axvalso, non podes faltar.
Máis información
Novas irmandiñas
- Os Irmandiños comezan a preparar o Asalto ao Castelo 2012.
- Os colaboradores de QPC tomaron a palabra coa participación da Cherinkas.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2011: A artesanía irmandiña.
Máis novas festivaleiras
- 24 horas de natureza, praia, música, arte en Valarés.
- Moito máis que música no Sereas e Piratas de Razo.
- Malpica “josará” cos Heredeiros da Crus no Nordestazo Rock 2012.
Fonte
- Nota de prensa do Secretario da A.X. Cherinkas, Óscar Santos.