![sandra-sanchez-directora-a-nena-de-azul]()
Sandra Sánchez, durante a rodaxe do filme "A nena de azul" na Costa da Morte
Sandra Sánchez, directora de
"A nena de azul" - un filme dirixido por unha muller, escrito por dúas mulleres, filmado por outra muller e protagonizado por unha nena e rodado integramente na Costa da Morte - vén de comezar un ciclo de charlas sobre o cine e a igualdade que se desenvolverá en distintos centros de educación secundaria da zona. A primeira cita foi onte no IES Terra de Soneira de Vimianzo.
Nas charlas, o cine é o marco para que os estudantes reflexionen sobre o tipo de productos que se consumen na actualidade - principalmente entre o público máis novo - e sacar conclusións sobre a escasa presenza da muller nos distintos ámbitos vinculados á dirección, producción e realización cinematográfica e o impacto desta carencia nos modos de ver e reflectir os personaxes femininos.
Estes son os principais obxectivos que persegue Sandra Sánchez de cara aos encontros nos distintos institutos da zona. "A elección do escenario non é casual, xa que o corto, que acaba de recibir o
premio Luisa Villalta de Proxectos Culturais da Deputación da Coruña - rodouse en distintas localidades da Costa da Morte", sinala a directora.
Próximas citas
A próximas charlas serán o 14 de maio, no IES Fin do Camiño de Fisterra; o 22 de maio no IES Ramón Caamaño de Muxía e, con data pendente de confirmar, no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto.
Novas relacionadas
Fonte