A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios

07:44 18/09/17

Parece claro que a loita contra a avespa velutina ten xa unha incidencia tremenda na nosa bisbarra. Non só pola cantidade de niños que eliminan os voluntarios de Protección de Civil de Malpica, ou o pioneiro servizo de control de pragas carballés, que a unha charla acodan máis dun cento de persoas dá conta de que é un asunto que nos implica a todos.
Lolo Andrade, un dos maiores expertos en Galicia na loita contra este insecto, achegouse o pasado venres ata a Casa da Cultura de Vimianzo. Na charla dirixida ao público explicou como diferenciar ás vespas velutinas das especies autóctonas, os métodos de eliminación poñendo especial énfase no trampeo, unha das accións máis eficaces para a evitar a reprodución da especie.
Vimianzo, autoxestión
Antes da charla para o público xeral andrade impartiu unha dirixida aos membros de Protección Civil de Vimianzo onde lles explicou as técnicas máis eficaces para a eliminación de niños. Cita importante porque en Vimianzo, nun caso relativamente semellante ao pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo, o Concello é o propio encargado de xestionar a retirada de niños de vespa velutina no municipio, tras chegar a un acordo coa Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia. Os membros de Protección Civil retiraron dende o mes de xaneiro de 2017 perto dun cento de niños, a maioría deles en cabanotes e alpendres. A parroquia máis a fectada é a de Vimianzo, que acumula máis do 25% dos casos, seguida das de Berdoias e Carnés. Como avisar dun niño Aquelas persoas que detecten un niño de vespa velutina poden avisar ao 112, ao 012, á Policía Local ou ao Concello. Unha vez recibido o aviso daráselle conta del á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo, que serán os que pasen a retiralo. O tempo medio de resposta é de menos de 24 horas, é dicir os avisos de niños retíranse no mesmo día ou ao seguinte. O procedemento para a eliminación consiste na fumigación do niño, a súa posterior retirada e a queima controlada dos restos. En casos concretos déixase unha trampa para evitar que se produzan novos niños.Novas relacionadas
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).