Domingo. 25.02.2024
El tiempo

A nova Xestora do PP de Vimianzo non apurará unha moción de censura

A nova Xestora do PP de Vimianzo non apurará unha moción de censura
Eduardo Salgado escoltado por Calvo e Campana na presentación do PP de Vimianzo

Estamos de verán e queremos deixar de lado as novas de indole política. Pero a renovación integral do PP vimiancés é relevante. A dimisión de Carmen Borbujo deixa un equipo completamente renovado, que foi apoiado pola directiva provincial na presentación celebrada onte.

A recentemente constituída xestora nace con vocación de servizo, para "dar resposta aos problemas que teñen os veciños de Vimianzo". Trátase, en palabras do secretario Xeral, de "un cambio de rumbo" para "corrixir así aqueles momentos nos que quizá non soubemos dar resposta a estes problemas, sobre todo a aqueles aos que a alcaldía non atendeu".

É Eduardo Salgado o novo presidente local, quen apostou por "facer unha oposición construtiva" e "traballar arreo para sacar vos proxectos adiante". En canto aos rumores sobre a actual situación política do municipio, descartou, polo momento, calquera cambio a curto ou medio prazo. "Os grupos da oposición falan por eles e nós falamos por nós", apostilou.

Nova Xestora de Vimianzo

  • Eduardo Salgado Antelo (Presidente)
  • Pablo López Vázquez (Secretario Xeral)
  • Juan Carlos Amado Sambade (Tesoureiro)

Vocais

  • Juan Antonio García Andrade
  • Fabián Carril Méndez
  • Javier Cumplido Suárez
  • Jesús González Carballo
  • Germán Graiño Martínez
  • Manuel Lema Costa
  • Sonia Martínez Lema
  • María del Carmen Mouzo Lema
  • José Oreiro Angues
  • Severino Pazos Rego
  • José Manuel Pérez Trillo
  • Beatriz Pose Vidal
  • Juan Silva Jallas
  • Mariano Suárez Valiña

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP provincial.

Comentarios