![obra-social-lacaixa-vimianzo]()
O director de Caixabank en Vimianzo e o alcalde asinaron o convenio de colaboración
O concello de Vimianzo e a Obra Social "la Caixa" veñen de firmar un convenio, no que a entidade financieira achega un importe de
5000€ para destinar a accións de formación para demandantes de emprego, a accións de apoio educativo para estudantes de primaria e secundaria e a mellorar a mobilidade das persoas. O convenio materializouse a través do alcalde de Vimianzo - Manuel Antelo - e o director da oficina de Caixabank en Vimianzo - Ángel Buño -. asinaron un convenio destinados.
Con esta axuda poderanse desenvolver accións personalizadas que satisfazan as demandas laborais propias da zona. Tamén se pretende apoiar ao alumnado con dificultades para que diminúa a taxa de abandono escolar e melloren os resultados e tamén ofrecer formación orientada á integración na vida laboral a aquelas persoas que abandonaron os seus estudos e carecen de formación específica.
No referente á mobilidade das persoas a “la Caixa” colabora na organización do congreso europeo sobre migracións por razón de traballo que se desenvolverá en Vimianzo no mes de outubro.
O representante de CaixaBank, Ángel Buño, trasladou ao alcalde a satisfacción de todos os empregados da entidade en Vimianzo de poder colaborar na atención das necesidade sociais dos veciños da localidade.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo