Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A parroquia vimiancesa de Carnés acolle a segunda xuntanza do programa "O alcalde escoita"

A parroquia vimiancesa de Carnés acolle a segunda xuntanza do programa "O alcalde escoita"
O local social de Carnés acolle hoxe, ás 20 horas, a segunda xuntanza do programa "O alcalde escoita" posto en marcha polo concello de Vimianzo. Con esta iniciativa, a veciñanza ten a oportunidade de dirixirse directamente ao rexedor vimiancés - Manuel Antelo - cuestionándolle as dúbidas sobre o funcionamento do concello así como formulando proposta que consideren de interese para a parroquia. A intención da alcaldía e celebrar xuntanzas deste tipo por todas as parroquias do municipio co obxectivo de achegar o goberno á cidadanía, coñecer de primeira man as necesidades concretas de cada territorio e posibilitar que a veciñanza forme parte da toma de decisións no ámbito municipal. Fonte

Comentarios