Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta destaca o potencial do Castro Barreiras pero non se compromete a dar novos pasos

A Xunta destaca o potencial do Castro Barreiras pero non se compromete a dar novos pasos
Xusto cando rematan as excavacións arqueolóxicas no Castro das Barreiras, en Ogás, Vimianzo, o BNG da localidade pide ao concello que inste á Xunta a catalogalo como Ben de Interese Cultural e que suscriba un convenio para unha nova excavación e posta en valor. I é que como destaca hoxe a propia Consellería de Turismo, os resultados, superaron as expectativas iniciais. Así o afirmaba onte o director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel, que estivo acompañado na xornada polo xefe territorial da Xunta na Coruña, Manuel Varela e a responsable do Partido Popular de Vimianzo, Carmen Borbujo. Achádegos Os traballos, para os que se destinaron 30.000€ nestes 3 anos, datan ao xacemento das Barreiras a finais da idade do ferro, establecéndose a súa cronoloxía entre o século II a.C. e o cambio de era. Nas catas realizadas atopáronse os restos de 3 vivendas castrexas de planta circular e muros de cachotería. A gran maioría das catas tiveron un resultado positivo polo que se intúe que todo o recinto está ocupado por construcións, multiplicándose o valor patrimonial do castro. Os obxectos atopados son de gran interese e consisten basicamente en restos de cerámica castrexa, moita dela decorada, típica das fases avanzadas da idade do ferro; restos de obxectos de ferro como a folla dun coitelo e o fragmento dunha fouce, o que referenda a vocación agrícola que tiñan os habitantes deste xacemento. Non se debe esquecer que unha das peculiaridades do castro reside no seu emprazamento atípico, sendo un dos poucos castros nunha chaira de Galicia.

Posta en valor

Segundo os resultados obtidos, o xacemento amosa unhas condicións exemplares para a súa posta en valor como elemento visitable, xa que se atopa situado practicamente no casco urbano de Vimianzo, á beira da estrada comarcal Coruña - Fisterra, por onde pasa un fluxo constante de visitantes e moi próximo aos centros escolares da vila. Con todo, a Consellería non se comprometeu a subvencionar novas catas e o castro quedará de novo sepultado ata que chegue unha nova partida.

Novas relacionadas

Máis novas arquoelóxicas

Que pasou na Costa, con Víctor Castiñeira

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios