Lamentan o expolio continuado da alvariza Cova do Raposo do Monte Faro
A alvariza Cova do Raposo é un espazo etnográfico tremendamente singular. Unha das recollidas por Carme Toba no seu libro “A Cultura do mel na Costa da Morte”, está situada no Monte Faro, en Ogás, VImianzo. Moi preto, de feito, a apenas 1km, da desaparecida Pedra Furada…
Esta semana, Toba pasou de novo pola zona para ver o estado da alvariza, e saíu encandalizada pola situación de abandono, e de expolio que está sufrindo. Numerosas lousas foron roubadas e o que ata hai nada era un tesouro etnográfico, a día de hoxe é unha ruína.
Segundo veciños do lugar, este expolio non é de agora, senón que o abandono leva provocando que nos últimos anos haia xente que leva as lousas sen que haia reacción nin da propiedade nin das administracións, algo que lamenta enormemente a etnógrafa muxiá.



