A Xunta instalará un patio cubierto no CEIP San Vicenzo e un ascensor no IES Terra de Soneira
07:24 13/10/17
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o IES Terra de Soneira. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Visita institucional a do pasado mércores nos centros de ensino de Vimianzo. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o Instituto de Ensino Secundario (IES) Terra de Soneira, no que a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria vén de investir algo máis de 11.000 euros na reposición dun ascensor, necesario para facilitar a accesibilidade a alumnos con dificultades motoras.
Membros do claustro explicaron que o centro tiña un ascensor, pero que nunca chegara a funcionar. A Consellería, tras analizar o estado do elevador, optou por reparalo e adecualo á normativa vixente.
Romero tamén explicou que a a Xunta de Galicia reserva un investimento de preto de 58.000 euros para o CEIP San Vicenzo. Construirá un patio cuberto, cun orzamento de algo máis de 45.000 euros. O resto da partida, de algo máis de 12.000 euros, executouse xa en diversas reparacións, nomeadamente na cociña.
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o IES Terra de Soneira-Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Fonte
- Xunta.