Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo das escolas deportivas e culturais de Vimianzo

Vimianzo dará o pistoletazo de saída ao seu outono cultural coa representación de ‘Soga e Cinsa’ este sábado
Vimianzo Activate 21-22 folleto copia
Aberto o prazo das escolas deportivas e culturais de Vimianzo

O Concello de Vimianzo desde hoxe, martes 28 de setembro, o prazo de preinscrición nas escolas deportivas e culturais 2021-2022 baixo a denominación de ‘Actívate’, un programa que inclúe actividades como fútbol, patinaxe artística, tiro con arco, baloncesto, tenis de mesa, pádel, música contemporánea, danza tradicional., panillo ou escola de arte.

Poderá facerse efectiva ata o martes 4 de outubro en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, e debido ao protocolo COVID-19 haberá límite de prazas en todas as actividades. No caso de superarse as prazas ofertadas, realizarase un sorteo público.

Cada persoa poderá gozar dun máximo de 5 actividades, sendo necesario un mínimo de 10 usuarias ou usuarios para a formación de grupos, agás nas actividades que se especifique o contrario. Terán preferencia as persoas empadroadas e a matrícula poderá formalizarse desde o luns 11 ao xoves 15 de outubro.

Vimianzo Activate 21-22 folleto 1

Programa Cultural

O pistoletazo de saída á programación do seu outono cultural coa representación será este sábado 2 de outubro de ‘Soga e Cinsa’, ás 20:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura.

Esta obra será executada pola compañía Aporía Escénica, cuxos integrantes están centrados en espectáculos de creación contemporánea, pretendendo explorar o universo da muller, a comunidade e a ecoloxía, así como desenvolvendo a súa propia linguaxe artística por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos.

Poderanse mercar as entradas na billeteira da Casa da Cultura de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e tamén no enderezo web www.woutick.es. Todos os espectáculos do programa están organizados baixo un estrito protocolo COVID-19 e será obrigatorio o acceso con máscara sanitaria ao recinto.

Novas relacionar

Comentarios