Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Alberto Mancebo gaña o premio "Manuel Lueiro Rey" coa súa segunda novela

alberto-mancebo-libro-vigo
Alberto Mancebo gaña o premio "Manuel Lueiro Rey" coa súa segunda novela

Que maneira de lanzarse ao mundo da escritura. Alberto Mancebo acaba de ser nomeado gañador da XXX Edición do premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey” coa súa obra “Indolente”, presentada baixo o pseudónimo Marco Bano. Aínda non está publicada e xa leva premios o vimiancés. 

O xurado destacou “a capacidade de enfrontarse aos riscos dun mundo futuro de ameazas climáticas que sumerxen á humanidade nunha situación extrema que saca os instintos máis primarios”. Tamén dixeron da obra que se trata dunha "novela cunha narrativa poderosa, cun escenario agónico inquietante, a súa trama crea unha atmosfera hipnótica desbordada de violencia na que os personaxes teñen que decidir inclinarse pola supervivencia solidaria ou a loita individualista, e a súa trama crea unha atmosfera hipnótica desbordante de violencia. atrapado nunha terrible tormenta solar". 

O certame de novela curta “Manuel Lueiro Rey” é un premio literario que organiza o Concello do Grove dende 1992 (coa colaboración do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra). O seu obxectivo é honrar a vida e obra do escritor e xornalista, ademais de colaborar na promoción da escrita en galego e na difusión dos seus autores.

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora por Edicións valeulle este galardón.

Comentarios